Barreiros Convídate, a oferta cultural do Concello de Barreiros para agosto e setembro

Barreiros Convídate, a oferta cultural do Concello de Barreiros para agosto e setembroLa imagen puede contener: 1 persona, exterior

Adxúntase o cartel coas actividades e a foto da presentación cos concelleiros Montse Porteiro e Daniel Garcia.

13-08-20

 Barreiros, 13 de agosto 2020. Daniel García, concelleiro de dinamización, e Montse Porteiro, concelleira de igualdade, presentaron hoxe o programa Barreiros Convídate, programa de actividades co que dende o Concello de Barreiros se pretende reactivar a oferta cultural do municipio.

A programación para os vindeiros meses de Agosto e Setembro contará con actividades de diversos tipos como cine ao aire libre, actuacións musicais, teatro e contacontos repartidos por diversas parroquias do municipio.  Estes espectáculos estarán dirixidos a todos os públicos e contarán cun número importante de actividades ao aire libre no que se pretende, según o concelleiro de dinamización e participación veciñal, “facer das prazas un lugar de encontro seguro e lúdico ao mesmo tempo”.

Quico Cadaval, Charo Pita, Cándido Pazó, Oliver Laxe, Amador Arias e artistas locais e comarcais completan o elenco desta programación

As actividades comezaron o pasado día 3 de Agosto coa proxección da película María Solinha de Ignacio Vilar, “todo un éxito de público e crítica”, según o concelleiro Dani García, que tamén recalca que serán actos que cumplirán con tódalas medidas sanitarias vixentes.

Neste mes de Agosto, haberá actuacións musicais e cine ao aire libre sendo todas as actividades no exterior (sempre que as condicións metereolóxicas o permitan) entre as que destaca a proxección do filme “O que arde” coa presenza de Óliver Laxe e Amador Arias.

Setembro será un mes adicado ao teatro con, entre outras, dúas actuacións de renome como “Memorias dun neno labrego” de Cándido Pazó e a obra “Cadaval conta.. vacas, guerras, porcos e cregos” de Quico Cadaval.

Estas actividades son financiadas con fondos propios do Concello e tamén con axudas do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, así como a colaboración da área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e os programas Agadic e Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.No hay ninguna descripción de la foto disponible.