Archivo de la categoría: Barreiros

Villa Julia é unha das das casas máis recoñecibles da Vila

📺O venres Barreiros saíu na sección “A Vila Oculta” do programa @funpoloaire da TVG🤩

🧐Trátase de que os telespectadores adiviñen en que vila se atopan xs reporteirxs para o que percorreron localizacións tan emblemáticas como:

⚜️As nosas casas indianas desprazándose ata a cosmopolita Villa Julia, 🌿as nosas paraxes naturais para o que escolleron O Santo Estevo do Ermo e, como non, 🏖as fabulosas praias deste concello. Pero tamén houbo tempo para a 😋gastronomía e algunha que outra curiosidade🔎….

👁Que non o viches?? 👉Non pasa nada porque está á túa disposición en TVG á carta a través do seguinte enlace: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-550-4992134?t=3810

🏃🏃‍♀️Así que bule!

💯Moitas grazas ao programa e a tódolxs colaboradorxs❗️❗️

===ESP===

📺El viernes Barreiros salió en la sección “A Vila Oculta” del programa @funpoloaire de la TVG🤩

🧐Se trata de que los telespectadores adivinen en que villa se encuentran lxs reporterxs para lo cual recorrieron localizaciones tan emblemáticas cómo:

⚜️Nuestras casas indianas desplazándose hasta la cosmopolita Villa Julia, 🌿nuestros parajes naturales para lo cual escogieron “O Santo Estevo do Ermo” y, como no, 🏖las fabulosas playas de este municipio. Pero también hubo tiempo para la 😋gastronomía y alguna que otra curiosidad🔎….

👁Que no lo viste?? 👉No pasa nada porque está a tu disposición en TVG a la carta a través del siguiente enlace: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa-550-4992134?t=3810

Contornas propias das nosas raíces.

🐂Contornas propias das nosas raíces.
💚Barreiros ten un corazón verde, onde se esconde a alma das nosas xentes. Escenas coma esta falan de costumes, historia, cultura, de contacto coa natureza e mesmo de gastronomía.
🍃Falan, en resumo, de esencia.
Barreiros queda en ti💚💙
===ESP===
🐂Entornos propios de nuestras raíces.
💚Barreiros tiene un corazón verde, donde se esconde el alma de nuestras gentes. Escenas como esta hablan de costumbres, historia, cultura, de contacto con la naturaleza e incluso de gastronomía.
🍃Hablan, en resumen, de esencia.
Barreiros queda en ti💚💙
.

O Concello de Barreiros fai entrega de varios exemplares do libro ‘Cen historias máxicas pola mariña encantada’ nos centros escolares do municipio

🔰O Concello de Barreiros fai entrega de varios exemplares do libro ‘Cen historias máxicas pola mariña encantada’ nos centros escolares do municipio.
➡Na maña de hoxe, e con motivo do #DíadoLibro, o concelleiro de cultura Dani García, achegouse aos colexios de San Cosme e San Miguel para facer entrega deste libro escrito por Antón Reigosa e ilustrado por Neira Brochs.
🧙‘Cen historias máxicas pola mariña encantada’ é un libro de lendas, mitos e tesouros. Nel aparecen relatos baseados en historias antigas dos concellos da Mariña Lucense e que grazas a lectura desta compilación fará que perduren no tempo moitas xeracións máis.

Pazo do Outeiro de San Miguel

🕍Pazo de Outeiro. 📍San Miguel de Reinante.

🛡A edificación primitiva compoñíase dun corpo central flanqueado de dúas torres.Presenta un escudo de granito de catro cuarteis coa inscrición “ABANTE CON LA CRUZ ABANTE” e una cruz na parte superior.

🏘Actualmente este corpo está dividido en dúas vivendas.

🧱Destruíuse a torre dereita e construíuse no seu lugar un edificio mais ancho en liña co corpo central. Na torre, o lintel da ventá da planta primeira e as pedras da esquina baixo a cornixa presentan relevos tallados. Adosados ao conxunto encóntranse uns anexos que serviron de dependencias ao pazo.

⚔️Segundo documentación do século XVIII, parece ser que foi a residencia de D. Sancho Manuel Menéndez Navia y Villaamil que estaba casado con D.ª Mª Josefa Fuertes Sierra Prelo Castrillón, ou ben, pertenceu ao seu fillo D. Baltasar Menéndez Navia Villaamil (y Fuertes Sierra).

Barreiros queda en ti💚💙
#barreirosquedaenti

===ESP===

🕍Pazo de Outeiro. 📍San Miguel de Reinante.

🛡La edificación primitiva se componía de un cuerpo central flanqueado de dos torres.Presenta un escudo de granito de cuatro cuarteles con la inscripción ” ABANTE CON LA CRUZ ABANTE” y una cruz en la parte superior.

🏘Actualmente este cuerpo está dividido en dos viviendas.

🧱Se destruyó la torre derecha y se construyó en su lugar un edificio mas ancho en línea con el cuerpo central. En la torre, el dintel de la ventana de la planta primera y las piedras de la esquina bajo la cornisa presentan relieves tallados. Adosados al conjunto se encuentran unos anexos que sirvieron de dependencias al pazo.

⚔️Según documentación del siglo XVIII, parece ser que fue la residencia de D. Sancho Manuel Menéndez Navia y Villaamil que estaba casado con D.ª Mª Josefa Fuertes Sierra Prelo Castrillón, o bien, perteneció a su hijo D. Baltasar Menéndez Navia Villaamil (y Fuertes Sierra).

Barreiros queda en ti💚💙
.
.
.
#Barreirosturismo #barreirosgalicia #galicia #lugaressecretosdegalicia #conocer_galicia #lugo #costacantabrica #nortedeespaña #volveaencontraronorte #volvamosconsentidiño #amariñalucense #amariña #amariñaslow #slowlife #turismoslow #slowtourism #turismo #viajar #travel #spain 

Ver menos
Andrés Bourio y 6 personas más
1 vez compartido
Me gusta

Comentar
Compartir

Lavadoiro de Áspera-Vilar

🧺Lavadoiro de Áspera-Vilar. 💚Encantador recuncho do noso pobo.

👖👕Un lado era utilizado polas veciñas de Áspera e o outro polas de Vilar, que aproveitaban o tempo adicado a esta dura tarefa para 🗣socializar e poñerse ao día das novas acontecidas na contorna.

💦💦A zona a onde primeiro chega a auga limpa do rego, estaba reservada para o aclarado da roupa. Nas paredes de pedra situadas de costas ás mulleres hai uns ocos cadrados que utilizaban para gardar o 🧼xabón.

⏳Datado en 1911, este elemento patrimonial foi recuperado en dúas ocasións: en 1959 e no 2015 grazas á colaboración dun grupo de veciños.

Barreiros queda en ti💚💙
#barreirosquedaenti

===ESP===

🧺Lavadero de Áspera-Vilar. 💚Encantador rincón de nuestro pueblo.

👖👕Un lado era utilizado por las vecinas de Áspera y lo otro por las de Vilar, que aprovechaban el tiempo dedicado la esta dura tarea para 🗣 socializar y ponerse al día de las noticias acontecidas en el entorno.

💦💦La zona a donde primero llega el agua limpio del arroyo, estaba reservada para el aclarado de la ropa. En las paredes de piedra ubicadas de espaldas a las mujeres hay unos huecos cuadrados que utilizaban para guardar el 🧼jabón.

⏳Datado en 1911, este elemento patrimonial fue recuperado en dos ocasiones: en 1959 y en el 2015 gracias a la colaboración de un grupo de vecinos.

Barreiros queda en ti

A subdelegada analizará o proxecto de rexeneración da praia de Altar cos alcaldes de Foz e Barreiros

A subdelegada analizará o proxecto de rexeneración da praia de Altar cos alcaldes de Foz e BarreirosPuede ser una imagen de una o varias personas, personas sentadas, personas de pie e interior

Lugo, 16 de abril de 2021. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, mantivo hoxe unha reunión de traballo co xefe provincial de Costas, José Miguel Estevan, no que trataron sobre as actuacións previstas para os distintos concellos da comarca da Mariña.

Entre os proxectos que abordaron figuran o de estabilización da praia de Altar, no concello de Barreiros, que actualmente se atopa a exposición pública. Ademais trataron sobre o proxecto de creación do paseo de Os Castelos, no municipio de O Vicedo, que está en fase de redacción, así como as intervencións de conservación e mantemento previstas para este ano, entre as que hai varias dirixidas á protección dos sistemas dunares.

Respecto do proxecto de estabilización da praia de Altar, a subdelegada lembrou que está sometido ao procedemento de información pública para recoller as achegas que queiran facer todas as institucións, colectivos e cidadáns.

A subdelegada asegurou que todas as opinións serán avaliadas e tidas en conta e tamén expresou a súa total receptividade a recibir, nos próximos días, aos alcaldes de Barreiros, Ana Ermida, e Foz, Fran Cajoto.