O Concello de Barreiros fai entrega de varios exemplares do libro ‘Cen historias máxicas pola mariña encantada’ nos centros escolares do municipio

🔰O Concello de Barreiros fai entrega de varios exemplares do libro ‘Cen historias máxicas pola mariña encantada’ nos centros escolares do municipio.
➡Na maña de hoxe, e con motivo do #DíadoLibro, o concelleiro de cultura Dani García, achegouse aos colexios de San Cosme e San Miguel para facer entrega deste libro escrito por Antón Reigosa e ilustrado por Neira Brochs.
🧙‘Cen historias máxicas pola mariña encantada’ é un libro de lendas, mitos e tesouros. Nel aparecen relatos baseados en historias antigas dos concellos da Mariña Lucense e que grazas a lectura desta compilación fará que perduren no tempo moitas xeracións máis.