Nova concentración de pensionistas en Barreiros

Nova concentración de pensionistas en Barreiros

29-11-19

 Barreiros, 29 de novembro, 2019. Un venres máis, ducias de penionistas concentráronse diante do Concello para esixir pensións dignas. Deron lectura a este manifesto:

Bons días, compañeiras e compañeiros.

Levamos camiño de dous anos concentrándonos e acudindo a manifestacións os xubilados e pensionistas de Barreiros. Somos veciñas e veciños de a pé, que non temos outra pretensión que mellorar as nosas pequenas pensións e intentar que as xeracións vindeiras teñan garantido un sistema público de pensións, e que as nosas fillas e os nosos netos teñan un posto de traballo cun salario digno e na nosa. Só así, incrementando o emprego aquí, un emprego de calidade, só así se poderá ter un bons sistema público de pensións, porque os problemas dos xubilados, pensionistas e traballadoras e traballadores galegos non son os mesmos problemas dos traballadores e pensionistas de Madrid ou de Bilbao, por exp, porque son realidades sociais e económicas distintas, por eso, ou os pensionistas galegos defendemos o noso ou naide o fará, porque está claro que ningún colectivo de fóra de Galicia vai vir aquí defender o noso.

Por eso, nós que non nos casamos con ninguén, os pensionistas de Barreiros, que formamos este colectivo de adscrición individual e que non pertenecemos a ningún colectivo estatatal nin autonómico de pensionistas, ainda que apoiemos todas cantas mobilizacións haxa en defensa dunhas pensións dignas, seguimos agardando escépticos a conformación do novo goberno no Estado para comprobar que se cumplan as promesas da campaña electoral.

E nesta semana na que se celebraron moitos actos en contra da violencia machista, desde o Colectivo de [email protected] e Pensionistas de Barreiros queremos manifestar e reiterar o noso compromiso na loita pola erradicación das violencias contra as mulleres e combatelas e incvluir a todas e a todos nesta loita, axesntes sociais, institucións, cidadanía, medios de comunicación….. pordque xuntas, en rede, será mais doado seguir.

E para rematar, compañeiras e compañeiros, os pensionistas de Barreiros, os pensionistas da Mariña e os pensionistas galegos non nos rendimos e seguiremos na loita para trasladarlle ao novo goberno que se constitúa no Estado as nosas reivindicacións:

– Derrogación das reformas laborais

– Aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores

– Supresión do factor de sustentabilidade. (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición)

– Pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional

– Recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

– Consolidación da actualización anual das pensións en base ao IPC

– Blindaxe do sistema público de pensións

– Pensións dignas e con poder adquisitivo

BARREIROS CONTINUA COA CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

BARREIROS CONTINUA COA CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

Esta fin de semana seguen os actos que o Concello de Barreiros ten programados para sensibilizar a veciñanza sobre a igualdade e violencia de xénero.

Barreiros, 30 de novembro de 2019. O Concello de Barreiros segue esta fin de semana cos actos que poñerán fin a campaña “En Negro Contra as Violencias” que se iniciou o 18 de novembro.

O sábado 30 de novembro, no partido que xoga o Celta Barreiros C.F. e o Guitiriz S.D. ás 16:00 horas no campo de fútbol O Cascabeiro, terá lugar un acto no que se representarán os sentidos do gusto e do olfacto, “Gustando da Igualdade!”.

Tamén o sábado 30, durante o partido que terá lugar no pavillón municipal ás 18:30 horas entre o Praias de Barreiros F.S. e o I.E.S. Coruño, haberá un acto simbólico representando o sentido do oído, “Ergue a túa Voz!”.

O domingo, día 1 de decembro, ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, haberá teatro de títeres. Títeres que foron elaborados nos obradoiros interxeracionais organizados polas concellerías de igualdade e de dinamización do Concello de Barreiros, os cales se levaron a cabo durante os meses de outubro de novembro. Representarán a obra “Pepuka e o monstro que levou o seu sorriso”.

Ao finalizar a obra de títeres, coñecerase o fallo do xurado sobre o certame de debuxo, “Di non á violencia”, organizado pola concellería de igualdade e no que participou o alumnado de primaria dos colexios de San Cosme e de San Miguel. O xurado estará formado por Paloma Díaz, educadora social, Encarna Santos de Educando en Familia e Lucía Vila, profesora licenciada en Belas Artes.

A PLATAFORMA SANITARIA CUALIFICA DE IRRESPONSABLES E INEXACTOS OS DATOS DO SERGAS SOBRE O AUMENTO DE PERSOAL SANITARIO NA PROVINCIA

A PLATAFORMA SANITARIA CUALIFICA DE IRRESPONSABLES E INEXACTOS OS DATOS DO SERGAS SOBRE O AUMENTO DE PERSOAL SANITARIO NA PROVINCIA.

O colectivo lembra que a cobertura de persoal, tanto en atención primaria como en hospitalaria segue a estar na máis absoluta precariedade.

A Mariña , 28 de novembro de 2019. A Plataforma Sanitaria cualifica de irresponsables e alonxados da realidade  os datos sobre o aumento  do persoal de enfermería e facultativo na provincia de Lugo.  Aseguran @s activistas [email protected]  que parece que  Ramón Ares, xerente da EOXI  de Lugo- Cervo- Monforte , vive nun mundo paralelo ao das veciñas e veciños  da comarca, que día a día sufren a merma  de servizos sanitarios por mor da insuficiente dotación de persoal ,sumado ao déficit nas substitucións do persoal en vacacións , permisos ou baixas médicas.

Por outra banda  queremos facer un exercicio de memoria, por se tanto a xerencia  como a dirección do hospital sofren de lagoas, e lembrarlles que seguimos a padecer una deficiencia  cuantificable no número de pediatras de familia nos nosos centros de saúde , agravados polo feito de que as ausencias xustificadas das mesmas  non son substituídas ou substitúense de forma parcial, creando problemas de atrasos  en exames de saúde e de atención a demanda por patoloxías  que xurden, urxentes ou non. Estes mesmos problemas están a verse no persoal sanitario de familia, de xeito que hai serios problemas  de atrasos en consultas  na atención primaria.

O persoal de enfermería fuxe en desbandada a outros hospitais en busca de estabilidade

No ámbito hospitalario, en contra do que parece ao ler as declaración nos medios dos responsables do SERGAS, a situación é caótica.Sumado aos novos contratos por mor da ampliación, precarios e indignos xa que non permiten nen un ápice de estabilidade ao estar asinándose mes a mes,  engádese a fuxida en desbandada cara a outros hospitais, a poucos quilómetros de aquí ,  e cara a Euskadi en busca de estabilidade . este feito provoca que a día de hoxe non se atopen profesionais nas listas de contratación para substitucións, e temos á volta da esquina o período vacacional de nadal.

A coordinadora da Plataforma comenta preocupada que en poucos días teremos na comarca un problema de gran magnitude ao non contar con persoal para substituir as vacacións e os permisos pendentes de desfrutar ,e non descartamos que  se poduzan movementos de protesta. “Os recortes nos servizos básicos como a sanidade non producen aforro e lembrámoslle ás xerencias que  ao final o barato sae caro”.

A Plataforma Sanitaria  rexeita os contratos de continuidade e apoia ao colectivo de Enfermeiras  Eventuais en Loita.

O portavoz da Plataforma Sanitaria, Víctor Vila quere salientar a falta de sensibilidade  e solidariedade que amosan  desde o SERGAS ao falar nos medios de comunicación  das bondades dos chamados contratos de continuidade, que lonxe de solucionar a problemática da falta de estabilidade que existe , “  afonda na precariedade  e avoga á escravitude a [email protected] profesionais. Por iso este colectivo apoia e solidarízase coas enfermeiras eventuais en loita alzando a nosa voz ao seu carón”- explica.

O peche dos paritorios en Verín podería  extenderse á Mariña, e obrigaría ás mulleres a parir de novo na Xesta.

Ante a nova do pasado venres , repentina e inesperada, de que a día 1 de decembro pechan os paritorios e as urxencias pediátricas do hospital de Verín, obrigando ás mulleres a desplazarse setenta quilómetros para un parto normal, e cada vez que una crianza teña que ser atendida  de xeito urxente, o colectivo sanitario advirte que esta medida podería afectar en breve á nosa comarca, obrigando ás nosas mulleres a desprazarse máis de cen quilómetros para parir. “Cremos que se trarta dun experimento que posteriormente se iría extendendo aos outros centros hospitalarios periféricos ,un paso máis no desmantelamento da sanidade de proximidade e un retroceso de trinta anos ao obrigar ás mulleres a parir de novo na Xesta ou no Fiouco se non hai  néboa”-  comentan.

A supresión do segundo TES na ambulancia medicalizada  está a producir derroche de recursos e non mellora a asistencia .

A supresión do segundo técnico da ambulancia medicalizada na comarca non está a lograr os obxectivos que nos venderon desde o SERGAS, xa que ante calquera emerxencia que obrigue a desplazar una ambulancia medicalizada , non son suficientes os recursos humanos dos que se disponen actualmente, e debe mobilizarse na maior parte dos casos una segunda ambulancia de soporte vital básico para reforzar.

Se o que querían era aforrar están a conseguir o efecto contrario e a maiores están a causar  un gran malestar ao persoal do devandito servizo ao menoscabar a súa máis que demostrada profesionalidade e impecables actuacións nas emerxencias.” Volvemos advertirlle de que o barato ao final sae caro”- conclúen @s activistas sanitarias.

Barreiros en Negro

#25N  DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLERLa imagen puede contener: 6 personas, personas sonriendo, personas de pie y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud, cielo y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas y multitud

Barreiros, 25 de novembro de 2019.

O acto organizado polo Concello Barreiros para conmemorar o 25N tivo lugar esta maña na Praza do Concello tendo como temática o sentido da vista, a alcaldesa, Ana Ermida, xunto coa concelleira de igualdade, Montse Porteiro, procederon a ler un manifesto lembrando as vítimas da violencia de xénero e pedindo máis medidas para que entre todos poidamos erradicar a violencia contra a muller.

Ao acto acudiron o alumnado dos colexios de San Cosme e de San Miguel, a corporación municipal, e numerosas persoas que mostraron o total rexeitamento á violencia machista.

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior

La imagen puede contener: 1 persona, multitud y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior

La imagen puede contener: una o varias personas, multitud y exterior

 

 

Cumpleaños de Guillermina de San Miguel

Secretos de las galletas María

Fraga (derecha), junto a su cuñada Asunción López.

 

Guillermina Fraga celebró con los suyos en Barreiros sus 103 años llena de vitalidad ► No toma ningún medicamento, come de todo y su cena siempre es leche con siete galletas

Guillermina Fraga nació en el lugar de Pumarín, en la parroquia barreirense de San Miguel de Reinante hace 103 años, los mismos números que sopló en su vela de cumpleaños el pasado día 12, con todas las ganas de seguir batiendo récords.

La mujer cuenta con una salud de hierro, tanto que no toma ni una sola pastilla. “Ao médico vai para poñerse a inxección do gripe e acabouse, non o volvemos molestar, dende logo a Seguridade Social non a empeña”, recuerda divertido Julio Fernández Nogueira, el marido de su sobrina Rosa Fraga López, con quien vive la centenaria, que no tuvo hijos, “pero axudou a criar a preto de vinte nenos da familia”, recuerdan sus familiares, con los que también vive Asunción López Díaz, cuñada de Guillermina, que está cerca de los noventa.

La vida de Guillermina transcurrió en su municipio natal, donde compaginó la agricultura con la costura. “Adoitaba ir aos mercados a levar as verduras”, cuenta Julio, quien no se olvida de destacar de ella que era una “grandísima” cocinera “e ata os cen anos años aínda facía de comer”, cuenta

Resultados de Elecciones Generales 2019 en Barreiros

Así votaron los vecinos de Barreiros

No hay descripción de la foto disponible.

Todos los datos 100% escrutado

PARTIDO VOTOS %
PP 611
(640)
36,76%
+2,50% (34,26%)
PSOE 442
(530)
26,59%
-1,78% (28,37%)
BNG 259
(221)
15,58%
+3,75% (11,83%)
Vox 150
(113)
9,03%
+2,98% (6,05%)
UP 127
(176)
7,64%
-1,78% (9,42%)
Cs 30
(121)
1,81%
-4,67% (6,48%)
Pacma 17
(19)
1,02%
0% (1,02%)
PUM+J 4
(–)
0,24%
+0,24% (–%)
PCOE 2
(–)
0,12%
+0,12% (–%)
PCTE 1
(1)
0,06%
+0,01% (0,05%)
Entre paréntesis los datos de las elecciones del 28A

BARREIROS SÚMASE POR PRIMEIRA VEZ A CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

BARREIROS SÚMASE POR PRIMEIRA VEZ A CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

BARREIROS PON OS 5 SENTIDOS PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O Concello de Barreiros súmase a campaña “En Negro Contra as Violencias” e pide aos sectores do comercio, hostaleiro, industrial, axentes sociais e a cidadanía en xeral, implicarse na conmemoración do 25 de novembro.

Barreiros, 07 de novembro de 2019. Nuns días comezará esta campaña que se desenvolverá conxuntamente con máis dun centenar de concellos e unhas  6.500 entidades colaboradoras baixo o lema En Nego Contra As Violencias e que pretende crear espazos libres de violencias machistas e dar a maior visibilidade a un problema público e de toda a cidadanía.

Dende a Concellería de igualdade do Concello de Barreiros xa se puxeron en contacto con uns 100 establecementos. Enviamos unha carta a todos os establecementos comerciais e de hostalaría, oficinas e negocios informando da actual situación, que só en España, dende o 2003 (ano en que se empezan a recoller cifras oficialmente), e ata o 10 de xuño de 2019, foron asasinadas 1000 mulleres, só neste 2019 xa foron asasinadas 51 mulleres, segundo informa a concelleira de igualdade Montse Porteiro. Puxémonos tamén en contacto cos dous colexios de infantil e primaria que temos no municipio para involucrar aos máis pequenos nestes actos posto que eles son o futuro que marcará este grave problema.

A edil engadiu: Queremos animar a todos os sectores, aos axentes sociais, a toda a cidadanía en xeral a participar nesta campaña por un Barreiros en Negro, e agradecer tamén de antemán o esforzo e colaboración de todas esas persoas implicadas na eliminación da violencia de xénero.

Para participar na campaña, que durará dende o 18 ó 25 de novembro, e consiste en vestir os establecementos de negro (manequíns, manteis, elementos que dean visibilidade…) basta con chamar ao número de teléfono 982124002 ou enviar un correo electrónico a [email protected] cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 12 de novembro. Dende o Concello facilitaranse os materiais e máis información.No hay descripción de la foto disponible.