Archivo de la categoría: Violencia de Xénero

BARREIROS CREA A MESA LOCAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Puede ser una imagen de 8 personas y oficina
📰 BARREIROS CREA A MESA LOCAL DE COORDINACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Na mesma traballarán na loita contra a violencia no ámbito local representantes das administracións local, galega e estatal; centros educativos; o Centro de Información á Muller; os corpos e forzas de seguridade do Estado e o ámbito sanitario.
➡️ Barreiros, 19 de novembro de 2021. O Concello de Barreiros vén de constituír na mañá de hoxe a Mesa Local de Coordinación contra a Violencia de Xénero, na que participan administracións e organismos implicados na loita contra a mesma.
Na sesión constitutiva de hoxe fixáronse os obxectivos e funcións da mesa, entre as que destaca a coordinacións dos distintos axentes implicados na loita contra a violencia de xénero para mellorar as actuacións que se leven a cabo.
A alcaldesa, Ana Ermida, agradeceu a disposición e a participación de todas as institucións e organismos convidados; xa que se formou unha mesa multidisciplinar na que participan Concello, Xunta de Galicia, Subdelegación do Goberno do Estado, os dous centros educativos do municipio, persoal sanitario, do Centro de Información á Muller e Garda Civil; cunha composición técnica e política que “avanzará na loita contra a violencia de xénero.”
A concelleira de igualdade, Montse Porteiro, explicou que a mesa terá dous obxectivos principais: a formación, tanto profesional como dirixido á poboación en xeral, como medio de prevención e a actuación naqueles casos en que sexa preciso; función na que só participará o persoal técnico que corresponda en función da situación.
“A constitución da mesa resposta ao convencemento do goberno municipal de traballar na erradicación da violencia machista de xeito constante e coordinado para detectar situacións e resolvelas do xeito máis óptimo posible”, manifestou Porteiro; quen tamén explicou que “os concellos pequenos non temos obriga legal de constituír mesas deste tipo, pero considerámolo necesario para implicar a todos os axentes e que o funcionamento mellore en beneficio da sociedade”.
O funcionamento da mesa será de carácter semestral con carácter ordinario, aínda que poderá convocarse sempre que sexa preciso a instancia de calquera das persoas que forman parte da mesma.

Día Internacional en Contra da Violencia de Xénero

Concello de Barreiros
Con motivo do “Día Internacional en Contra da Violencia de Xénero” o Concello de Barreiros organizou a VI edición deste certame de debuxo dirixido ao alumnado dos colexios de educación primaria do municipio.
Nesta edición o lema foi “di NON á violencia” e sobre o cal as crianzas enfocaron os seus debuxos.
O pasado venres, 27 de novembro, a concelleira de igualdade, Montse Porteiro, e a de servizos sociais, Carmen Veiga, fixeron entrega dos premios ás direccións dos colexios CEIP San Cosme e CEIP San Miguel

Meiga Brava Son Batucada feminista convoca á cidadanía a participar no acto non silencioso, en repulsa ás violencias machistas, que terá lugar diante do Concello de Barreiros o mércores 25 ás 20:00 da tarde, onde darase lectura a un manifesto

Meiga Brava Son Batucada feminista convoca á cidadanía a participar no acto non silencioso, en repulsa ás violencias machistas, que terá lugar diante do Concello de Barreiros o mércores 25 ás 20:00 da tarde, onde darase lectura a un manifesto

22-11-20

O uso de máscara será obrigatorio e respetaranse todas as medidas sanitarias de seguridade e prevención. Pese a situación de emerxencia sanitaria, non podemos deixar de concentrarnos co obxectivo de erradicar as violencias que se exercen sobre nós, as mulleres, polo feito de ser mulleres. Saúde tamén é erradicar as violencias machistas. Saúde tamén é manter as redes feministas sás e fortes. Non confinarán as nosas loitas. Querémonos libres. Querémonos vivas.

BARREIROS SÚMASE POR PRIMEIRA VEZ A CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

BARREIROS SÚMASE POR PRIMEIRA VEZ A CAMPAÑA “EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS”

BARREIROS PON OS 5 SENTIDOS PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

O Concello de Barreiros súmase a campaña “En Negro Contra as Violencias” e pide aos sectores do comercio, hostaleiro, industrial, axentes sociais e a cidadanía en xeral, implicarse na conmemoración do 25 de novembro.

Barreiros, 07 de novembro de 2019. Nuns días comezará esta campaña que se desenvolverá conxuntamente con máis dun centenar de concellos e unhas  6.500 entidades colaboradoras baixo o lema En Nego Contra As Violencias e que pretende crear espazos libres de violencias machistas e dar a maior visibilidade a un problema público e de toda a cidadanía.

Dende a Concellería de igualdade do Concello de Barreiros xa se puxeron en contacto con uns 100 establecementos. Enviamos unha carta a todos os establecementos comerciais e de hostalaría, oficinas e negocios informando da actual situación, que só en España, dende o 2003 (ano en que se empezan a recoller cifras oficialmente), e ata o 10 de xuño de 2019, foron asasinadas 1000 mulleres, só neste 2019 xa foron asasinadas 51 mulleres, segundo informa a concelleira de igualdade Montse Porteiro. Puxémonos tamén en contacto cos dous colexios de infantil e primaria que temos no municipio para involucrar aos máis pequenos nestes actos posto que eles son o futuro que marcará este grave problema.

A edil engadiu: Queremos animar a todos os sectores, aos axentes sociais, a toda a cidadanía en xeral a participar nesta campaña por un Barreiros en Negro, e agradecer tamén de antemán o esforzo e colaboración de todas esas persoas implicadas na eliminación da violencia de xénero.

Para participar na campaña, que durará dende o 18 ó 25 de novembro, e consiste en vestir os establecementos de negro (manequíns, manteis, elementos que dean visibilidade…) basta con chamar ao número de teléfono 982124002 ou enviar un correo electrónico a [email protected] cos datos do establecemento (nome e enderezo) e da persoa de referencia (nome e teléfono) antes do 12 de novembro. Dende o Concello facilitaranse os materiais e máis información.No hay descripción de la foto disponible.

O CONCELLO DE BARREIROS PREPARA UN ACTO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

O CONCELLO DE BARREIROS PREPARA UN ACTO CONTRA A VIOLENCIA La imagen puede contener: texto

Este venres ás 11:30 h, terá lugar un acto con globos e música para “erguer a voz” contra a violencia de xénero.

Barreiros, 18 de setembro de 2019. O Concello súmase así a campaña de emerxencia feminista este 20S que reclama medidas e medios para loitar contra la violencia de xénero e construír una sociedade na que as mulleres vivan seguras.

“Temos pensado facer un acto con globos e música para “erguer a voz” contra a violencia, a idea e concentrarse na Praza do Concello ás 11:30 horas, non gardar silencio, ao contrario, facernos oír para poñerlle voz a quen xa non pode tela máis.”

“Queremos mostrar o total rexeitamento a calquera tipo de violencia, reclamar bondade política que poña en marcha medidas efectivas e que se desterre ese medo que senten mulleres a diario. Debemos mostrar o noso compromiso por construír unha sociedade libre e en igualdade”, declara a alcaldesa Ana Ermida.

EN BARREIROS FORON ENTREGADOS OS PREMIOS DO IV CERTAME DE DEBUXO DI NON Á VIOLENCIA

EN BARREIROS FORON ENTREGADOS OS PREMIOS DO IV CERTAME DE DEBUXO DI NON Á VIOLENCIA.

Barreiros, 27 de novembro de 2018. Na tarde de hoxetivo lugar a entrega de premios do IV Certame de Debuxo Di NON á violencia, no que participaron alumnos e alumnas de 4º,5º, 6º dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel. Ao acto acudiron o alcalde,Alfonso Fuente, e a concelleira de Cultura, Adela Rodríguez. 

Os premiados nas distintas categorías foron: 

-En 6º o primeiro premio foi para Uxía Fernández Díaz (do CEIP San Miguel). O segundo premio desta categoría quedou deserto.

-En 5º o primeiro premio foi para Sara Lamelas Fernández (do CEIP San Miguel) e o segundo para Bruno Arca Fernández (do CEIP San Cosme).

-E en 4º o primeiro premio foi para Anxo López Val (do CEIP San Miguel) e o segundo premio para Felipe Martín de Burgos (do CEIP San Cosme).

Desde o Concello de Barreiros agradecen a participación das rapazas e rapaces neste Certame convocado ao abeiro do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Barreiros celebrou este sábado o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Xornada de autodefensa para mulleres ante situación de riscos ou ameazas

Barreiros celebrou este sábado o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Xornada de autodefensa para mulleres ante situación de riscos ou ameazas Foi entre as de 9 da mañá e as 14 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ao remate tivo lugar a lectura dun manifesto e gardouse un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero. Ademais foron entregados os premios aos gañadores III Concurso de Debuxo para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero.
Os nenos e nenas que participaron neste concurso e as mulleres que acudiron á xornada de autodefensa recibiron como agasallo unhas pulseiras de cor violenta, que foron elaboradas nas Tardes de Lecer, organizadas ao igual que as actividades deste 25 de novembro polo Concello de Barreiros.

BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA XORNADA DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓN DE RISCOS OU AMEAZAS. A CITA TERÁ LUGAR O 25 DE NOVEMBRO. AÍNDA QUEDA ALGUNHA PRAZA LIBRE PARA ASISTIR.

Barreiros, 23 de novembro de 2017. O Concello celebrará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Xornada de autodefensa para mulleres ante situación de riscos ou ameazas. Será o 25 de novembro de 9 a 14 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ao remate terá lugar a lectura cun manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.

Desde a Concellería de Servizos Sociais sinalan que “se ofertaban 20 prazas e a día de hoxe aínda hai algunha libre. A participación nesta actividade é gratuíta”. As mulleres interesadas en acudir deben apuntarse no Departamento de Servizos Sociais.

E engaden que “a  xornada consiste nun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Dito curso será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita”.

Tras o curso, a lectura do manifesto e o minuto de silencio terá lugar a entrega dos premios aos gañadores do III Concurso de Debuxo para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero. No centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro será onde se desvelen os nomes d@s afortunad@s. Tamén haberá obsequios para todos os participantes.

BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

BARREIROS CELEBRARÁ O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CUNHA XORNADA DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓN DE RISCOS OU AMEAZAS. OFÉRTANSE 20 PRAZAS. A INSCRICIÓN ESTÁ XA ABERTA. A CITA TERÁ LUGAR O 25 DE NOVEMBRO.La imagen puede contener: texto

Barreiros, 18 de outubro de 2017. O Concello celebrará o Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha Xornada de autodefensa para mulleres ante situación de riscos ou ameazas. Será o 25 de novembro de 9 a 14 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Ao remate terá lugar a lectura cun manifesto e gardarase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero.

Desde a Concellería de Servizos Sociais subliñan que “xa está aberto o prazo para inscribirse na  devandita xornada. As prazas son limitadas a 20 persoas, polo que se anotará ata cubrilas. A participación nesta actividade é gratuíta”. As mulleres interesadas en acudir deben apuntarse no Departamento de Servizos Sociais.

E engaden que “a  xornada consiste nun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación cara diversas situacións. Dito curso será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita”.