O 17 DE XUÑO CELEBRARASE A VI CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS

O 17 DE XUÑO CELEBRARASE A VI CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS, QUE ORGANIZA A PEÑA BARCELONISTA DE SAN MIGUEL E COA QUE COLABORA O CONCELLO DE BARREIROS.La imagen puede contener: textoLa imagen puede contener: 5 personas, personas sonriendo, personas de pie, océano, cielo, playa, exterior y naturaleza

Barreiros, 8 de xuño de 2018. O 17 de xuño terá lugar a sexta edición da Carreira Popular das Praias. Na presentación, estivo o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, xunto a organizadores e corredores locais, entre outros.

A carreira dará comezo coas categorías infantís, ás 11:15 horas, na praia de Altar. A categoría de adultos principiará ás 12:30 horas con saída dende a praia de Arealonga (xunto ao restaurante La Yenka), e meta na praia de Altar recorrendo todas as praias do concello.

A organización poñerá servizo de autobús, dende as 11:15 horas, para o traslado dos participantes dende a meta á zona de saída.

As inscricións rematan o vindeiro mércores, 13 de xuño, e poden facerse na web: www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com.

Organiza esta carreira a Peña Barcelonista de San Miguel coa colaboración do Concello de Barreiros, Agrupación de Protección Civil de Barreiros, Deputación de Lugo, Xunta de Galicia, Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma, Actiboot, Casa Elena Turismo Rural, Taxi Valea e Pinturas Centeno.

O CONCELLO DE BARREIROS INSTALOU, EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN EDES,  DIFERENTES PICTOGRAMAS EN DEPENDENCIAS MUNICIPAIS PARA FACILITAR O ACCESO A PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

No hay texto alternativo automático disponible.O CONCELLO DE BARREIROS INSTALOU, EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN EDES,  DIFERENTES PICTOGRAMAS EN DEPENDENCIAS MUNICIPAIS PARA FACILITAR O ACCESO A PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Barreiros, 8 de xuño de 2018. O Concello de Barreiros ven de colocar uns pictogramas en varias dependencias municipais para facilitar o acceso a persoas con diversidade funcional. Estes apoios visuais instaláronse co apoio da Fundación Edes, e “tamén serán de axuda para a poboación en xeral”, segundo salienta o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor anunciou que “en Barreiros levamos a cabo este proxecto coa Fundación Edes, colocando estes pictogramas que son normalizados e serven para aquelas persoas con diversidade funcional. Aínda que vai especificamente dirixido a estas persoas, tamén hai que ter en conta que non nos veñen mal a todos os usuarios das instalacións como o ximnasio ou o centro social”.

Fuente Parga explicou que “estes pictogramas nos recordan como debemos ducharnos, como debemos lavar as mans ou mesmo como debemos vestirnos. Algo que nos parece a todo o mundo tan sinxelo, para algunhas persoas ten moita dificultade e estes pictogramas poden axudarlles moito. Pero insisto en que a todo o mundo nos ven moi ben recordar estas normas. Son normas de conduta, que só con letras a calquera persoa que puidéramos lelo nos resultaría de axuda, e para as persoas con diversidade funcional son moi importantes”.

O Concello de Barreiros súmase á iniciativa da Fundación Edes sinalizando os espazos públicos nas súas instalacións. Con estes apoios visuais preténdese dar un paso cara á accesibilidade cognitiva e a igualdade de oportunidades das persoas, ademais de visibilizar as barreiras ás que se enfrontan algunhas persoas, intentando minimizalas na medida do posible. Tamén favorece a comprensión dos entornos á poboación en xeral xa que as claves visuais facilitan e reforzan as mensaxes a todas as persoas.

A Fundación Edes é unha entidade integrada por persoas con discapacidade psíquica e intelectual, familias, profesionais e persoas voluntarias que se unen para contribuír a que a persoa con discapacidade mellore a súa calidade de vida. Traballa na Mariña lucense e no noroccidente asturiano desde 1999, apoiando a inclusión social das persoas con discapacidade no medio rural.

Hurtaron pulpo congelado y turrón en un súper de Barreiros ocultándolo en la ropa

Hurtaron pulpo congelado y turrón en un súper de Barreiros ocultándolo en la ropa

Dos mujeres, condenadas a 10 meses de prisión y a pagar 577 euros por los comestibles

.
MARTINA MISER
VIVEIRO-LUGO / LA VOZ 

Aún no se había encarecido como ahora cuando dos mujeres hurtaron diez kilos de pulpo congelado en un supermercado de Barreiros. Aunque evidentemente estaba frío, se lo llevaron oculto entre la ropa. Fue el mismo sistema que utilizaron para sacar del mismo establecimiento 54 tabletas de turrón. Ayer, en el Juzgado de lo Penal 1 de Lugo, admitieron los hechos. Sus abogados pactaron con la fiscalía la condena que ambas aceptaron: un total de diez meses de cárcel y a abonar 577 euros por los comestibles que no pagaron antes.

Sucedió a mediados de noviembre del año 2103, hace cuatro años y medio. Según la fiscalía, las dos mujeres, «actuando de común y previo acuerdo, se dirigieron» a un supermercado de Barreiros. Una vez dentro y, «con el propósito de obtener un enriquecimiento patrimonial ilícito, sustrajeron» pulpo congelado y tabletas de turrón. El escrito de la acusación popular no aclara si las sacaron de una vez o en distintas tandas, pero sí explica que pasaron por las líneas de caja «sin satisfacer el importe» de los productos.

En las conclusiones provisionales en las que se basó para acusarlas de un delito de hurto, la fiscalía tampoco cómo ni quién lo descubrió. Fuentes conocedoras de los sistemas de vigilancia de los supermercados apuntan que probablemente fueron detectadas e identificadas por las grabaciones de las cámaras que suele haber en ese tipo de establecimientos.

La fiscalía les pedía 28 meses

Cuando se llevaron los comestibles sin pagar y fueron denunciadas, los gestores del súper cifraron en 577 euros el precio de venta al público de los diez kilos de pulpo congelado y de las 54 tabletas de turrón.

Ayer, las dos acusadas admitieron los hechos. A una que ya había sido condenada por otro hurto a seis meses de prisión le pedía 18 meses de cárcel, que finalmente se han quedado en 6. Y a la otra, con antecedentes penales que no modifican su responsabilidad en este caso, ha sido condenada a 4 meses de prisión, pero el ministerio público le pedía 10. La sentencia las obliga a pagar al supermercado los 577 euros. Si lo hacen y no delinquen, durante dos años se les suspende la pena de privación de libertad.

Aceptan dos años de prisión por robar dos portátiles en el colegio de San Cosme, que los recuperó

Aceptan dos años de prisión por robar dos portátiles en el colegio de San Cosme, que los recuperó

VIVEIRO / LA VOZ 

A finales de julio del 2015, dos hombres sin antecedentes penales se colaron por una ventana en el colegio de San Cosme de Barreiros, violentaron varias puertas y se llevaron dos ordenadores portátiles. Más tarde, el centro escolar consiguió recuperarlos. Ambos lo admitieron ayer, cuando se sentaron en el banquillo de los acusados de los Juzgado de lo Penal 1 de Lugo. Y aceptaron la condena pactada entre sus defensas y la fiscalía, dos años de prisión, uno para cada uno de ellos, la mitad lo que les pedía el ministerio público.

También deberán resarcir al colegio por los daños causados en las puertas del centro, abonando cada uno de ellos la mitad. Si cumplen lo acordado ayer en el juzgado, se suspenderá la ejecución de la pena de prisión. En el escrito de las conclusiones provisionales, la fiscalía indica que en el momento de elaborarlo no habían sido tasados pericialmente los desperfectos ocasionados.

¿Dónde está el todoterreno que usaba Protección Civil de Barreiros?

¿Dónde está el todoterreno que usaba Protección Civil de Barreiros?

Siete voluntarios usaron sus propios coches para una actuación. Desde la agrupación
barreirense aseguran que lo ignoran desde marzo, mientras el alcalde dice que está en un taller en Burela

.
J. ALONSO 
BARREIROS / LA VOZ 

Los voluntarios mantienen las agrupaciones de Protección Civil. Ceden su tiempo y, a menudo, no pocos medios. Los vehículos que usan son habitualmente los que la Xunta de Galicia les entrega, aunque los titulares son los concellos. En Barreiros, el uso que se le daba a estos ya fue objeto de polémica, años atrás, en varias ocasiones. Ahora, la cuestión radica en que desde la agrupación local dicen desconocer desde principios de marzo dónde se encuentra la pic up que la Xunta entregó al Concello en 2015, y que ellos usaban. «Estaba aparcada ao lado do cuartel, onde temos a sede, pero un día desapareceu. E non sabemos máis», señalan.

El pasado fin de semana, siete voluntarios acudieron a colaborar con la ruta ecuestre que se celebró en Barreiros, por sus medios y con sus vehículos particulares. Pero no siempre es así. «Fai uns días chamáronme do 112 para ir buscar un can a San Miguel. E non fun, porque non vou metelo no meu coche. Ademais, os nosos coches non está preparados, non teñen dispositivos para acudir a emerxencias», señalan desde la agrupación local de Protección Civil de Barreiros..

Lo que subyace tras esta polémica es que la relación entre el Concello y la agrupación de Protección Civil de Barreiros no es, sin duda, especialmente fluida.

«Con unha chamada houbérase resolto o problema, porque o coche está nun taller da Wolkswagen en Burela, facéndolle a revisión e amañándoo para pasar a ITV. Pode ir velo quen queira», replica el alcalde, Alfonso Fuente.

El regidor asegura que es falso que el coche desapareciese hace dos meses. Frente a ello, desde Protección Civil de Barreiros aseguran que a principios de marzo ya comunicaron al 112 que ignoraban dónde se encontraba el vehículo: «E iso está gravado», dicen.

Al parecer, los vehículos de Protección Civil que entregó la Xunta hace unos años a varias agrupaciones no cumplían los requisitos para pasar la ITV y requerían modificaciones para ser homologados, en los dispositivos lumínicos del techo y en el enganche del morro.

El caso es que, en teoría, en Barreiros solo disponen de las llaves del coche Javier Díaz y Alfonso Fuente. El todoterreno viejo de Protección Civil fue enviado al desguace meses atrás tras sufrir un accidente: «Estamos facendo tarefas básicas, cos nosos coches, porque por exemplo, se hai un accidente na autovía non podemos entrar con eles porque non teñen dispositivos», explican desde Protección Civil de Barreiros.

El alcalde, por su parte, dice que para atender los accidentes y las emergencias están los bomberos del parque de Barreiros. Dice que no es tarea de Protección Civil desde el momento en que la agrupación se dio de baja para prestar servicio las 24 horas. «Protección Civil de Barreiros non atende as chamadas polas tardes e o presidente da agrupación, que é quen facía as tarefas, é un funcionario municipal que ten que traballar hasta as tres da tarde. Polo demais, o todoterreo é do Concello, e se lle fai falta a Protección Civil para algún evento determinado o que ten que facer é pedirllo ao alcalde. E este fin de semana non o fixeron. Naide me chamou. Con unha chamada houberan evitado ir nos coches deles», manifestó Fuente Parga.

30 gandeiros lucenses, primeiros beneficiarios do Centro de Recría da Deputación que é pioneiro en España

30 gandeiros lucenses, primeiros beneficiarios do Centro de Recría da Deputación que é pioneiro en España

05-06-18

Lugo, 5 de xuño de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado do Deputado de Medio Rural, Lino Rodríguez Ónega, e do representante de Recría Castro S.L, Rogelio Grille Barbeira, participaron este martes na apertura do Centro de Recría coa entrada de novillas pertencentes a 30 gandeiros da provincia. En 24 horas incorporaranse as instalacións da Granxa Gayoso Castro, onde está situado o centro, 100 novillas e a partir de agora todos os martes entrarán 30 novos exemplares. Os gandeiros da provincia de Lugo terán prioridade no uso destas instalacións pioneiras en España.

O Presidente destacou que “hoxe é un día moi importante para a provincia de Lugo. Como sabedes, dende o Goberno da Deputación levamos moito tempo para facer realidade este proxecto de apoio ao sector gandeiro, especialmente o lácteo. Tivemos que superar moitas trabas pero fomos quen de superar todos os obstáculos e poñer en funcionamento este Centro de primeirísimo nivel e tan importante para os nosos gandeiros estea en funcionamento. Fixemos un esforzo inversor de 12 millóns de euros para a construción en solitario destas instalacións, logo de que a Xunta, coas competencias en medio rural, unha vez máis, rexeitara colaborar, ademais de demorar 2 anos a concesión da licenza de obra. Sen dúbida, iniciativas coma esta fan que a Deputación sexa o motor económico da provincia, pois coa posta en marcha deste centro duplicaremos a capacidade de recría que existe en toda a Comunidade Autónoma, acadando exemplares cun alto valor produtivo e xenético”.

Centro pioneiro en España
Trátase do 1º centro de recría público de gando vacún de leite en España cunha xestión de rigoroso control público por parte do Executivo Provincial, coa colaboración de reputados expertos da USC, como Francisco Sineiro e Eduardo YUS. Na actualidade, España conta 4 centros de recría: 3 privados en Pantón (Lugo), Mazaricos (A Coruña) e en Mallén (Zaragoza). Existe outro en Guipúzcoa construído en terreos da Deputación Foral pero tamén de xestión privada.

Tras un proceso de concorrencia competitiva no que puideron participar todos os interesados, saíu beneficiada do mesmo a empresa Recría Castro S.L, que conta coa participación directa da cooperación galega de SERAGRO, da que forman parte 1.300 gandeiros. Esta deberá cumprir uns estritos pregos e o regulamento en defensa dos dereitos dos gandeiros. Outros obrigas asumidas por Recría Castro S.L: un incremento do 12,5% no salario dos profesionais contratados, formación profesional aos mesmos en materia de benestar animal; ou colaboración directa coa USC. Ademais, Recría Castro sumou a AFRICOR LUGO neste proxecto, pois esta asociación, da que forman parte 1.500 gandeiros de toda a provincia de Lugo, promocionará os servizos e vantaxes produtivas e económicas que supón a recría no centro da Deputación.

Prioridade para os gandeiros lucenses e beneficios de 3 millóns de euros
“No Centro de Recría Gayoso Castro terán preferencia os gandeiros profesionais e entidades asociativas con explotación aberta e operativa na provincia de Lugo. E o facemos porque este proxecto, financiado pola Deputación con cartos que son de todos os lucenses, naceu coa intención de facilitar o traballo aos nosos veciños e aforrarlles custos, ao tempo que impulsamos a economía de toda a provincia, pois xerará uns beneficios de 3 millóns de euros anuais, unha vez que o centro funcione a pleno rendemento, e creará un mínimo de 10 postos de traballo, ademais de contribuír a manter ducias de empregos vinculados ao sector” subliñou Campos Conde. No caso de que a capacidade das instalacións non estea cuberta, poderán acceder a ela outros gandeiros de toda Galicia que cumpran as condicións de profesionalización, rexistro e actividade. Todos os interesados poden solicitar máis información no 650-664-776, en [email protected] ou en www.deputaciónlugo.gal.

Prezo de 2,39 euros ao día
O prezo da recría é de 2,39 euros ao día. Esta tarifa inclúe todos os custos, xa que nel van incluídos tanto os custos de alimentación como os de transporte, control sanitario, tratamentos de fertilidade, revisións veterinarias… Con este importe, os gandeiros aforrarán custos e non terán que levar a recriar as súas novillas a outros centros fóra de Galicia.

86.000 m2, 13 naves e capacidade para 3.000 novillas
O novo Centro de Recría esténdese nunha superficie de 86.000 m2, nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, situada na localidade de Castro Ribeiras de Lea, no Concello de Castro de Rei. Conta con 13 naves, cunha capacidade media para 200 animais cada unha, supoñendo un total de 3.000 novillas. As naves contan con 2.200 cubículos, 2.200 camas de goma EVA, 2.200 cornadizas automáticas, 208 bebedoiros e un sistema de limpeza automática de arrobadeira. Ademais hai 270 casetas individuais (onde están os animais dende que entran con 15 días ata os 2 meses) e 105 colectivas (onde están dende os 2 meses e ata os 6 meses para logo ir ás 13 naves de recría).

O Centro de Recría tamén conta cunha manga para o manexo do gando de 700 metros de lonxitude, unha das máis largas de España, 12 silos para forraxe e 5 esterqueiras para o almacenaxe dos residuos. Ten a planta de biogás máis grande de Galicia que proporcionará 300Kw de enerxía co tratamento de 32.000 metros cúbicos de xurros, estercos e residuos vexetais, permitindo que as instalacións, non só sexan autosuficientes e que os custes enerxéticos polo tanto sexan de cero euros, senón que tamén se producirán excedentes de enerxía. Outras das vantaxes da planta de biogás é o incremento do valor agronómico dos xurros e do esterco, pois transformaraos en dixestato, mellorando a capacidade de fertilizante, e a redución da emisión á atmosfera de 400 toneladas de CO 2 anuais.

Gandeiría Mantoño Holstein, de Barreiros, 2ª mellor granxa do Estado

Gandeiría Mantoño Holstein, de Barreiros, 2ª mellor granxa do Estado

05-06-18

Barreiros, 5 de xuño de 2018. A prestixiosa revista Holstein International, que se dedicada ó mundo da gandeiría e que e leída por mais de 100.000 persoas e distribuida en 35 paises relacionados co sector gandeiro a nivel mundial, vén de publicar as granxas con mellores calificacions en cada país do mundo.
En España o 2º lugar ocúpao unha granxa de Barreiros, Gandeiría Mantoño Holstein.
España conta agora mesmo con cerca de 9000 ganaderias rexistradas dedicadas a producción de leite das cales mensualmente se toman mostras e se obteñen datos de producción e calificación dos seus animais.
Holstein International recalou datos oficiais das asociacións de gandeiros de cada pais ó longo das últimas semanas para poder facer estas listas.

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO O 20 DE XUÑO

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO O 20 DE XUÑO. A INSCRICIÓN ESTÁ ABERTA. E ESTE DOMINGO, DÍA 10, HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL NO CENTRO M. DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 6 de xuño de 2018. O vindeiro domingo, 10 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme, o grupo Dinamoteatro representará a obra Eu queríame casare.

Trátase dunha comedia que conta a historia de Antón e Lola, unha parella que se atopa preto dos corenta anos e que busca unha relación á que poder agarrarse.

A representación dará comezo ás 19:00 horas. Está incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia e colabora a Delegación de Cultura do Concello de Barreiros.

A Concello organiza ademais unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira, que terá lugar o 20 de xuño.

Esta viaxe é gratuíta e as inscricións poden facerse xa no centro sociocultural  Manuel Díaz Sampedro (Biblioteca-OMIX), de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O pasado sábado, 2 de xuño, tivo lugar a terceira etapa do Camiño de Santiago a Fisterra

O pasado sábado, 2 de xuño, tivo lugar a terceira etapa do Camiño de Santiago a Fisterra, que están a realizar en sábados alternos un grupo de veciños e veciñas de Barreiros.La imagen puede contener: 12 personas, personas sonriendo, exterior
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “iniciamos esta etapa no albergue de Vilaserio e rematamos no de Ponte Olveira. Foi unha etapa de 19 quilómetros a que fixemos un total de 44 peregrinos, que aproveitamos para celebrar os cumpreanos de dous deles, José  que cumpriu 65 anos e Rodil que celebrou os 70. Ambos rematan as etapas sempre cun sorriso nas súas facianas”.
A esta peregrinación, organizada polo Concello de Barreiros, réstanlle 35 quilómetros para chegar a Fisterra. “Son dúas etapas, as que nos quedan para rematar”, engadiu Gómez Puente.