Archivo de la categoría: Excursiones

Participantes do curso de relaxación e concentración, que organizou o Concello de Barreiros, viaxaron á vilá ourensá de Allariz

do curso de relaxación e concentración, que organizou o Concello de Barreiros, viaxaron á vilá ourensá de Allariz hai uns días para visitar os Museos da Moda e do Xoguete, así como o Festival Internacional de Xardíns, que este ano estivo dedicado ao cine. Neste percorrido estiveron acompañados por persoal experto e coñecedor do entorno medioambiental. A viaxe rematou cun percorrido polo casco histórico e as Burgas en Ourense.

Excursion San Andres de Teixido Cedeira

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO O 14 DE MAIO.

Barreiros, 23 de abril de 2019. A Concellería de Cultura organiza unha excursión a San Andrés de Teixido, que terá lugar o 14 de maio.

Esta viaxe é gratuíta e inclúe comida e baile en Cedeira. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no centro sociocultural, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A LALÍN. SERÁ O 6 DE ABRIL

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A LALÍN. SERÁ O 6 DE ABRIL.

Barreiros, 7 de marzo de 2019. O Concello de Barreiros organiza unha excursión a Lalín. Será o vindeiro 6 de abril (sábado).

A viaxe inclúe visitas á Casa do Patrón, á Sala de Arqueoloxía do Castro de Doade, á Casa Castrexa, ao Castro de Doade, ao Pazo de Liñares e ao Museo Galego da Marioneta. Ademais os asistentes degustarán o tradicional cocido de Lalín nun restaurante da localidade.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición ata o día 29 deste mes de marzo na Oficina de Turismo. O prezo é 25 euros por persoa.

Un grupo de veciños e veciñas de Barreiros visitaron a cascada do Ézaro, no concello coruñés de Dumbría

La imagen puede contener: 2 personas, exterior, naturaleza y agua

Un grupo de veciños e veciñas de Barreiros visitaron a cascada do Ézaro, no concello coruñés de Dumbría. Fixérono aproveitando a peregrinación na que están a participar e que está a percorrer este ano o Camiño entre Santiago e Fisterra-Muxía. O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, dixo que “hai uns días aproveitamos para coñecer este espectacular entorno natural. Trátase da cascada que forma o río Xallas na súa desembocadura ao mar”.

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO O 20 DE XUÑO

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO O 20 DE XUÑO. A INSCRICIÓN ESTÁ ABERTA. E ESTE DOMINGO, DÍA 10, HABERÁ UNHA REPRESENTACIÓN TEATRAL NO CENTRO M. DÍAZ SAMPEDRO.

Barreiros, 6 de xuño de 2018. O vindeiro domingo, 10 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme, o grupo Dinamoteatro representará a obra Eu queríame casare.

Trátase dunha comedia que conta a historia de Antón e Lola, unha parella que se atopa preto dos corenta anos e que busca unha relación á que poder agarrarse.

A representación dará comezo ás 19:00 horas. Está incluída no programa Cultura no Camiño 2018 da Xunta de Galicia e colabora a Delegación de Cultura do Concello de Barreiros.

A Concello organiza ademais unha excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira, que terá lugar o 20 de xuño.

Esta viaxe é gratuíta e as inscricións poden facerse xa no centro sociocultural  Manuel Díaz Sampedro (Biblioteca-OMIX), de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.

A VIAXE A LEITARIEGOS, ORGANIZADA POLO CONCELLO BARREIRENSE, TERÁ LUGAR ESTE DOMINGO, 25 DE FEBREIRO

A VIAXE A LEITARIEGOS, ORGANIZADA POLO CONCELLO BARREIRENSE, TERÁ LUGAR ESTE DOMINGO, 25 DE FEBREIRO.

Barreiros, 20 de febreiro de 2018. A Concellería de Deportes organiza unha excursión á neve, á estación de Leitariegos, o día 25 de febreiro. Esta viaxe estaba prevista para o pasado 4 de febreiro, pero tivo que ser aprazada a consecuencia do temporal de neve rexistrado nesas datas.

A saída será este domingo ás 8:00 horas desde a Praza do Concello, e a volta terá lugar sobre as 17:00 horas desde Leitariegos.

As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden recibir máis información e formalizar a súa inscrición no número de teléfono 661 431 536 (Adrián). As reservas realizaranse ata esgotar as prazas previstas, o Concello ten reservado un autobús.

A Concellería de Deportes de Barreiros comunica que a data e os horarios poderían modificarse segundo as condicións meteorolóxicas.

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA VIAXE Á ESTACIÓN DE ESQUÍ DE LEITARIEGOS ESTE DOMINGO, 4 DE FEBREIRO. AINDA QUEDAN PRAZAS LIBRES

O CONCELLO DE BARREIROS ORGANIZA UNHA VIAXE Á ESTACIÓN DE ESQUÍ DE LEITARIEGOS ESTE DOMINGO, 4 DE FEBREIRO. AINDA QUEDAN PRAZAS LIBRES.

Barreiros, 31 de xaneiro de 2018. A Concellería de Deportes organiza unha viaxe á neve este domingo, 4 de febreiro, á estación de esquí de Leitariegos. O alcalde, Alfonso Fuente, comunica que aínda quedan prazas libres e anima a participar nesta actividade.

O rexedor barreirense lembrou que “o próximo domingo, día 4, dende a Concellería de Deportes faise unha viaxe á neve, unha visita a Leitariegos. Neste momento aínda nos queda algunha praza, polo tanto animar a toda aquela xente que queira participar nun día na neve a que se anoten”.

O alcalde puntualizou que “non é necesario ir esquiar, senón simplemente a pasar o día vendo unha estación de esquí, pasando un día en familia na neve”.

Alfonso Fuente Parga dixo que “os que queiran participar teñen que chamar ao Concello ou ao noso concelleiro ao teléfono 661 431 536”.