Asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou a cuarta etapa do Camiño Inglés

Barreiros, 23 de maio de 2022. A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, realizou o pasado sábado a cuarta etapa do Camiño Inglés entre Betanzos e Santo Tomé de Vilacoba.O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa intensa de subidas que grazas a unha climatoloxía benigna, boa temperatura e o ceo nubrado fixo que non fose tan dura como a anterior. Todos chegamos ao final da etapa, onde destacamos a hospitalidade do restaurante Casa Julia, A Pequeniña, que ao chegar nos ofreceron filloas como aperitivo”. E engadiu que “como en todas as etapas anteriores reina a solidariedade e o compañeirismo entre os participantes”.

A vindeira etapa terá lugar o 28 de maio. Os peregrinos percorrerán o treito comprendido entre Santo Tomé de Vilacoba e A Rúa.