Os Versos na Baixamar levaron a poesía á praia barreiresa de Reinante

Puede ser una imagen de 7 personas, personas sentadas, personas de pie y océano

Lois Pérez fixo de mestre de cerimonias e presentou as poetisas (detrás). JOSÉ Mª ÁLVEZ

Yolanda Castaño recitou fragmentos dun novo libro e tamén interviron Lois Pérez, Paula dos Anjos e Natalia Alonso

A praza da praia de Arealonga en Reinante foi o escenario do segundo recital poético Versos na Baixamar organizado polo Concello de Barreiros, no que interviu a poetisa Yolanda Castaño e as tamén autoras Paula dos Anjos e Natalia Alonso, co narrador oral e asemade poeta Lois Pérez como condutor do recital

Aínda que ameazaba choiva e caeron unhas gotas, o evento puido celebrarse con normalidade, segundo destaca o concelleiro de cultura barreirense, Daniel García, moi satisfeito por este recital realizado “con vistas ao mar para que o enclave fora aínda máis bonito” e ao que se sumaron numerosos veciños. Empezou con Lois Pérez, que puxo as súas verbas sobre unha base musical de ukelele e deu paso en primeiro lugar a Paula dos Anjos e despois a Natalia Alonso, as dúas focenses, para rematar con Yolanda Castaño, que “recitou algún poema aínda inédito, dunha obra que vai publicar o mes que vén”. Con esta edición García ve que esta aposta poética se xa afianza agarda “organizar para o ano a terceira edición”.

Ao rematar o recital entregáronse os premios dos certames de debuxo e narración convocados pola biblioteca co gallo das Letras. En debuxo resultaron galardoados Julia Villapol BelloHugo Vázquez LanzaUxía Sánchez Febrero, Mateo Villapol Bello, Jesús Rodríguez Fernández, Alejandro Paz GamJimena Fernández-Reinante PérezAnxo López Val e Aaron Rodríguez Entrerríos. No relativo ao certame de narración, os premiados foron Carlota Mosquera PardeiroNaiara Pérez LorenzoXela Veiga Iglesias, Selene Calleja González e Jimena Fernández-Reinante Pérez. Recibiron diplomas, material escolar e libros en galego.