Archivo de la categoría: festas

Barreiros comienza las fiestas de San Bartolo con sardiñada y verbena

Barreiros comienza las fiestas de San Bartolo con sardiñada y verbena

Prepararán 300 kilos de sardinas y habrá música con Kalima.3 y una disco móvil

.
PEPA LOSADA
SARA GIL M.C. 
BARREIROS / LA VOZ 

Barreiros vivirá esta semana tres días de fiesta en honor a San Bartolo. Desde hoy y hasta el jueves, una sardiñada, la música de la sesión vermú y de la verbena, los pasacalles, las misas y una procesión se combinarán en un programa en el que Barreiros saca a relucir su lado más fiestero y el más tradicional.

La organización lleva meses preparando estos días de fiesta, ya que comenzaron con las reuniones antes del verano, las primeras para analizar el presupuesto del que disponían y las siguientes, ya para ir cerrando el cartel de las orquestas. «Fixemos unha reunión antes do verán. Despois, celebramos unha segunda reunión para concretar o tema das orquestras, e tamén tivemos que organizarnos para pedir polas casas. Logo houbo que preparar os carteis e concretar todos os detalles. Hai que agradecer ao Concello a súa colaboración, e tamén a todos os veciños, que sempre se implican nestas festas», explica Rubén Fernández, uno de los miembros de la comisión. Él, junto al responsable de Promociones Artísticas Vázquez, y a Kiko de Moreda y Jesús Caserío, se encarga de que encaje cada una de las piezas de este puzzle.

Hoy se da el pistoletazo de salida con la sardiñada, que se celebrará en el recinto de la fiesta, a partir de las ocho de la tarde. Los tickets pueden comprarse en el bar Ballenato al precio de 5 euros la ración, que incluye unas seis sardinas, pan y vino. Una cena que abrirá boca a esta semana de celebración. Por la noche, habrá verbena con Kalima.3 y una discoteca móvil, para que la música suene hasta altas horas de la madrugada. «O primeiro día é un dos máis especiais porque a xente tenlle aprecio á sardiñada. Xunto coas misas e procesións, é dos actos máis queridos. Hoxe haberá preparados case 300 quilos de sardiñas. Ás veces estase durante tres horas servindo sardiñas», comenta Rubén Fernández.

Mañana seguirá la celebración, con pasacalles ya desde la mañana, a cargo de un grupo de gaitas. Después, a las dos de la tarde, habrá sesión vermú con Alma Latina, al que acompañará La Fórmula en la verbena.

Y el jueves, continuará la fiesta. A las 11.30 habrá la primera misa y también pasacalles, con el grupo O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. A las 12.30 se celebrará la segunda eucaristía y habrá procesión. Los Players amenizarán la sesión vermú y volverán a tocar por la noche junto al grupo Montreal, para que el baile no falta en este San Bartolo.

«O primeiro día é un dos máis especiais, porque a xente tenlle aprecio á sardiñada»

Co concerto de Mónica de Nut rematou onte á noite o ciclo Sons no Solpor

Co concerto de Mónica de Nut rematou onte á noite o ciclo Sons no Solpor, que se veu celebrando nos xardíns do Eido Dourado nas noites dos domingos de xullo e agosto.
 A polifacética artista presentou o seu traballo Raíces aéreas, co que deleitou ao público asistente nunha noite moi agradable a carón do mar, na praia das Pasadas, en Barreiros.

A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a romería de San Caetano os días 18 e 19 de agosto coa XXII edición da festa da tortilla

A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a romería de San Caetano os días 18 e 19 de agosto coa XXII edición da festa da tortilla

14-08-17

FOTO COMISIÓN ORGANIZADORA FESTA DA TORTILLA 2Celeiro de Mariñaos, 14 de agosto de 2017. O vindeiro fin de semana, venres 18 e sábado 19, celébrase na parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos a Romería de San Caetano, co a XXII edición da Festa da Tortilla. O evento terá lugar a carón da capela do mesmo nome.
Desde a Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano”, organizadores da festa convidan a asistir á mesma, ofrecendo un programa de actividades moi completo, para todo tipo de público, un programa participativo para disfrutar dous días nun marco natural de gran beleza gozando da música, da gastronomía, de xogos populares e actividades para nenas e nenos entre as que destacan o teatro de monicreques.

O venres 18, a partir das 9 da noite haberá torrezmada e chourizada e actuarán GAITA ESCOLA, de Mondoñedo. Despois actuarán DANI ROYO & VERSIÓNS BAND, grupo que adeamais de temas actuais, versiona temas dos 80 e 90.

O sábado 19 haberá concurso de tortillas, podendo presentarse éstas entre as 12 e a 1. Despois, á 1 da tarde terá lugar a misa e a procesión na capela de San Caetano e seguidamente, sesión vermú coa charanga DGT, e degustación da Gran Tortilla de San Caetano.
Pola tarde haberá xogos populares e volverá a actuar a charanga DGT. Ás 7 da tarde, haberá teatro de monicreques a cargo da compañía BABALUVA TEATRO. Ás 8 da tarde terá lugar o concruso Máster Tortilla, onde os concursantes terán que elaborar a tortilla en directo, no mesmo campo da festa, e deberán ir provistos das súas respectivas tixolas; os ingredientes aportaos a comisión.
Pola noite haberá verberna co dúo DIAMANTES – Chechu e Salva, e celebrarase o tradicional Baile do Farolillo. E para rematar a festa haberá unha Gran Chocolatada.

O GRUPO DE RAP GALEGO SOM DO GALPÓM ACTÚA ESTE VENRES, 28 DE XULLO, NO CÁMPING GAIVOTA, EN BARREIROS

O GRUPO DE RAP GALEGO SOM DO GALPÓM ACTÚA ESTE VENRES, 28 DE XULLO, NO CÁMPING GAIVOTA, EN BARREIROS.

Barreiros, 27 de xullo de 2017. O cámping Gaivota, propiedade do artista barreirense, Celso Dourado acolle este venres, 28 de xullo, a actuación do grupo de rap galego Som do galpóm. Será a partires das 23:00 horas nas súas terrazas e dentro da programación das Queimadas proletarias, música de raíz, que daban comezo hai uns días e que se prolongarán ata o 25 de agosto.

Celso Dourado anunciou que “este venres estará con nós na queimada que facemos todos os venres a partires das once da noite, nas terrazas do Gaivota, un grupo que eu me atrevo a dicir que é dos iniciadores do rap en galego. É un grupo da comarca de Santiago, é Som do galpóm”.

O artista barreirense convida a “todos aqueles que queiran disfrutar da música de Som do galpóm nun ambiente máxico, a cita é este venres a partires das once da noite no cámping Gaivota”.

Dourado explicou que “Som do galpóm foi un dos iniciadores do rap en galego, foi sempre unha aposta moi radical dentro do rap. Fai un tempo xa actuaron no cámping Gaivota. Estaban desaparecidos, estiveron por Francia, seguiron sempre facendo música, e agora de volta a terras galegas inician a súa tournée particular e entre as actuacións que teñen é esta no cámping Gaivota este venres”.

Celso Dourado subliñou que “o grupo trae novidades. Non estivo parado, estivo evolucionando, ten incluso nalgunha das súas composicións, unha certa influencia francesa dentro do que é o espectro do rap, e espero que non decepcionen”.

A entrada é libre e gratuíta.

O GRUPO GELRIA PRESENTARÁ ESTE DOMINGO, 23 DE XULLO, O SEU DISCO CANTOS DE POETA NO EIDO DOURADO

  • O GRUPO GELRIA PRESENTARÁ ESTE DOMINGO, 23 DE XULLO, O SEU DISCO CANTOS DE POETA NO EIDO DOURADO.

Barreiros, 20 de xullo de 2017. O ciclo de música Sons no solpor do Eido Dourado continuará este domingo, día 23, coa actuación do grupo galego Gelria. Nese concerto, que terá lugar nos xardíns do Eido Dourado a carón da praia da Pasada en Barreiros, será presentado o último traballo deste grupo titulado Cantos de poeta.

O artista Celso Dourado explicou que “este domingo toca un grupo para min excepcional, chamado a facer moito no futuro. É un trío aínda que esta vez creo que van vir catro, cunha formación académica moi importante e unha voz espectacular. É un grupo moi novo e creo que vai ser un día especial”.

O promotor do Eido Dourado contou que “Gelria é un grupo de música galega creado no 2014. Está formado pola catalá Elena Tarrats na voz, Federico Mosquera nos teclados e Mario Cortizo na percusión. Pese a xuventude actuaron xa en sitios como Holanda, Cataluña, Galicia, o sur de Inglaterra…”.

O artista barreirense engadiu que “o nome de Gelria provén do buque holandés onde viaxaba a América o poeta de Rianxo Manuel Antonio, e vanos presentar o seu libro-disco que editaron non fai moito e que leva por título Cantos de poeta. É un gran traballo que nos van presentar dentro do que é o ciclo musical. Van musicar dalgunha maneira a grandes poetas galegos como Rosalía, Curros Enríquez, Méndez Ferrín, Celso Emilio Ferreiro, etc…”.

Dourado sinalou que “se trata dun libro-disco que está acompañado de ilustracións e fotografías, e os textos están traducidos tanto ao inglés como ao castelán e ao portugués”. E dixo que “actuaron en grandes sitios de Barcelona, penso que é un grupo ideal para o que é o concepto dos Sons no solpor do Eido Dourado e o que pode ser un concerto rodeado de xardín e arte”.

Celso Dourado lembrou que “a entrada é libre e vai ser a partir das dez da noite coa caída do sol, como sempre. Esperamos que o tempo nos axude, se hai choiva teremos bastante complicado facelo, pero parece que as previsións son boas cara ao domingo. Invitamos a todos aqueles amantes da boa música e da poesía a que veñan botarlle unha ollada a este grupo porque é un gran grupo”.

 

O EIDO DOURADO COMEZA NOVA TEMPADA ESTE SÁBADO, 1 DE XULLO

O EIDO DOURADO COMEZA NOVA TEMPADA ESTE SÁBADO, 1 DE XULLO. HABERÁ TALLERES PARA NENOS/AS E O CICLO SONS AO SOLPOR CON CONCERTOS E RECITAIS DE POESÍA.

Barreiros, 29 de xuño de 2017. Este sábado, 1 de xullo, arrinca a novena tempada do Eido Dourado que inclúe obradoiros creativos para os máis pequenos/as así como diversos concertos e recitais de poesía. O Eido Dourado, este espazo dedicado ao arte ao pé da praia da Pasada, reabre cunha renovada exposición de pintura do seu creador, Celso Dourado. O Eido Dourado abrirá pola mañá e pola tarde, de martes a domingo ata o 31 de agosto.

Celso Dourado anunciou que “este sábado, a partir das once e media, abriremos as portas nesta nova edición do Eido Dourado cunha exposición renovada na súa maior parte, e que permanecerá aberta durante os meses de xullo e agosto coa correspondente actividade cultural”.

O artista barreirense contou que “este ano vai haber a promoción de doce actividades, seis nas terrazas do Gaivota pola súa capacidade, e seis no Eido Dourado no ciclo de concertos Sons ao solpor. Ademais durante estes dous meses programaranse uns talleres creativos para nen@s que impartirá, como fixo o ano pasado, Lucía Vila. Van dirixidos aos máis pequeniños. Trátase de que gocen un pouco do espazo do Eido Dourado e ao mesmo tempo que desenrolen a súa imaxinación. Prográmase unha quenda no mes de xullo e outra no mes de agosto. Aínda non están perfilados, pero probablemente serán despois de comer en torno ás cinco ou as seis da tarde”.

O creador do Eido Dourado comentou que “as inscricións nestes talleres poden facerse ben mediante o facebook ou correo poñéndose en contacto con nós para asistir a estes obradoiros durante estes dous meses. Atenderase o número deles, repartiranse segundo o número de nenos asistentes. Como fixemos a pasada tempada, van ser gratuítos. Trátase de que os nenos desenrolen un pouquiño a súa creatividade xa que están de vacacións e no seu tempo de lecer. Lucía Vila que os vai impartir, é unha pintora, licenciada en Historia do Arte, é unha persoa cunha capacidade grande para a ensinanza e o ano pasado foron todo un éxito, a min realmente me sorprendeu”.

Celso Dourado engadiu que “este ano o ciclo Sons ao solpor vai ter música, que é sempre o predominante, e ao mesmo tempo tamén algo de poesía. Imos presentar nos xardíns do Eido Dourado, dentro do ciclo Sons no solpor, seis proxectos novos. Algúns deles son inéditos, vanse presentar por primeira vez. Van ser seis grupos e vai combinar desde o blues máis galego ata o folk e a música de autor. Este ciclo de concertos ten unha gran acollida. Normalmente se a noite nos acompaña soen encherse os xardíns e non queda sitio para máis. Xa levamos un tempo traballando nesta idea, gozamos con ela e a seguiremos traballando, e este ano un pouquiño máis”.