A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a romería de San Caetano os días 18 e 19 de agosto coa XXII edición da festa da tortilla

A parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos celebra a romería de San Caetano os días 18 e 19 de agosto coa XXII edición da festa da tortilla

14-08-17

FOTO COMISIÓN ORGANIZADORA FESTA DA TORTILLA 2Celeiro de Mariñaos, 14 de agosto de 2017. O vindeiro fin de semana, venres 18 e sábado 19, celébrase na parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos a Romería de San Caetano, co a XXII edición da Festa da Tortilla. O evento terá lugar a carón da capela do mesmo nome.
Desde a Asociación Veciñal e Cultural “Irmandade San Caetano”, organizadores da festa convidan a asistir á mesma, ofrecendo un programa de actividades moi completo, para todo tipo de público, un programa participativo para disfrutar dous días nun marco natural de gran beleza gozando da música, da gastronomía, de xogos populares e actividades para nenas e nenos entre as que destacan o teatro de monicreques.

O venres 18, a partir das 9 da noite haberá torrezmada e chourizada e actuarán GAITA ESCOLA, de Mondoñedo. Despois actuarán DANI ROYO & VERSIÓNS BAND, grupo que adeamais de temas actuais, versiona temas dos 80 e 90.

O sábado 19 haberá concurso de tortillas, podendo presentarse éstas entre as 12 e a 1. Despois, á 1 da tarde terá lugar a misa e a procesión na capela de San Caetano e seguidamente, sesión vermú coa charanga DGT, e degustación da Gran Tortilla de San Caetano.
Pola tarde haberá xogos populares e volverá a actuar a charanga DGT. Ás 7 da tarde, haberá teatro de monicreques a cargo da compañía BABALUVA TEATRO. Ás 8 da tarde terá lugar o concruso Máster Tortilla, onde os concursantes terán que elaborar a tortilla en directo, no mesmo campo da festa, e deberán ir provistos das súas respectivas tixolas; os ingredientes aportaos a comisión.
Pola noite haberá verberna co dúo DIAMANTES – Chechu e Salva, e celebrarase o tradicional Baile do Farolillo. E para rematar a festa haberá unha Gran Chocolatada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *