A Peña Barcelonista San Miguel celebra o vindeiro domingo 20 de decembro a “Comida de Nadal”

A Peña Barcelonista San Miguel celebra o vindeiro domingo 20 de decembro a “Comida de Nadal”.

Ademáis do Nadal, a peña celebra o seu aniversario, xa que aló polo ano 1997 un grupo de afeccionados ó Barça fundaron a Peña Barcelonista San Miguel, sendo o 20/12/1997 a data da Asamblea constituinte onde quedaría legalmente fundada. Dende aquela, 18 anos animando ó Barça por toda España e no estranxeiro, estando representada a peña en toda-las finales de Champions nas que participou o Barça dende a fundación désta.

A actividade da peña non se limita sólo a viaxar para ver partidos de fútbol, toda-las semanas se reunen no Oliñas do Mar para ve-los partidos por TV, organizan torneos de basket, participan na organización de carreiras populares, teñen organizado concursos de postales e algún torneo de fútbol 7, sempre cunha intención, fomenta-lo deporte na zona e defender as suas cores, as azul e grana.

Para este domingo celebran unha comida na que desexan sirva tamén para celebra-lo título do Mundial de Clubs, ainda que queren ser cautos en canto ó resultado.

A comida será no Restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia, a partir das 14.30 h. O prezo para socios e acompañantes será de 5 € e para non socios de 15 €. Constará de 1º e 2º prato a elexir, postre, café e chupito. Para apuntarse poden dirixirse ó tfno. 649 57 13 60.

Ademáis desta comida, a Peña ten previsto para esta temporada organiza-los desprazamentos a Xixón, San Sebastián e Coruña para ver e animar en directo ó Barça, así como unha cea ou comida de remate de temporada e a asistencia á Xuntanza de Peñas barcelonistas galegas que se celebrará no mes de xuño en Boiro.