Portada Crónica Política Opinión Breves Deportes Máis Medios Servizos Indicadores comarcais Bolsa Sorteos Quinielas Resultados LF/LFS Programación Tv Información meteorolóxica Pasatempos Contacto Publicidade Videoteca O Praias de Barreiros feminino preséntase ante a súa afición

Barreiros, 10 de setembro, 2019. O club barreirense exercerá de anfitrión o vindeiro 14 de setembro no I Torneo Praias de Barreiros de fútbol sala femenino, un evento que servirá tamén de presentación oficial do conxunto de Modesto Veiga ante a súa afición.
Ademáis do conxunto local, entrarán en liza o Concello de Begonte, Lieders Futsal e o ADC Burela Pescados Rubén, todos eles conxuntos que competirán esta tempada na 1ªGalicia Senior Feminina de Lugo.
Unha tarde de fútbol sala que comezará coa presentación do equipo
sénior femenino ás 15:30 e que rematará trala disputa da final fixada
para as 20 horas.
Na presentación do Torneo, ademáis da directiva e xogadoras do Praias de Barreiros, estiveron presentes Ana Ermida (Alcaldesa de Barreiros), Daniel García e Dámaso Ratoeira (membros da corporación municipal) así como Daniel Moirón do Servicio Provincial de deportes da Xunta de Galicia.

BARREIROS RENOVARÁ OS PARQUES INFANTÍS DE SAN MIGUEL, A AGOLADA E SAN BARTOLO

BARREIROS RENOVARÁ OS PARQUES INFANTÍS DE SAN MIGUEL, A AGOLADA E SAN BARTOLO.

Barreiros, 10 de setembro de 2019. O contrato menor de mantemento e reforma de parques infantís, que se realiza ao abeiro da subvención da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, foi adxudicado definitivamente en Xunta de Goberno Local o pasado 2 de setembro, por un importe de 25.912,15€.

Os traballos, subvencionados nun 70% pola administración autonómica, consistirán na renovación das pezas, pavimentos e peches nos parques infantís situados no núcleo de San Miguel, na Agolada en Benquerencia e no San Bartolo.

A adxudicación realízase tras a solicitude de seis ofertas, catro polo anterior goberno que deixou iniciado o procedemento e outras dúas polo executivo municipal actual, que decidiu na primeira Xunta de Goberno celebrada en xullo a ampliación de solicitudes de ofertas. Desas seis ofertas solicitadas, foron presentadas cinco delas.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “o orzamento inicial do proxecto ascendía a 42.711,75€, cantidade máxima pola que as empresas podían concorrer. Tras a apertura dos sobres que contiñan as ofertas, dúas delas ofertaban esa mesma cantidade; outra, 42.600 euros; unha cuarta, 42.475,01€ e a última, 25.912,15 euros; resultando adxudicataria das obras tras ter xustificado tecnicamente a súa oferta e sendo informada favorablemente pola técnica municipal.”

Con esta adxudicación o aforro para as arcas públicas con respecto á cantidade prevista é de case 16.800 euros, dos que máis de 5.000 euros son aforro para o Concello de Barreiros. Ana Ermida manifesta que “o feito de realizar os procedementos tal e como se establecen legalmente supón que na realidade poida existir un aforro importante, porque se fomenta a competencia empresarial e iso redunda na obtención de mellores ofertas, tal e como aconteceu neste caso; xa que se non se tivese ampliado a solicitude de ofertas polo novo goberno, o aforro con respecto ao previsto inicialmente serían 236,74 euros. “

O goberno municipal prevé a realización dos traballos antes de finais de ano, dado que o prazo de execución será dun máximo de dous meses desde que se asine a acta de comprobación do replanteo.

BARREIROS INICIA OS TRÁMITES PARA A COLOCACIÓN DO PRIMEIRO PUNTO DE RECARGA RÁPIDA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS

BARREIROS INICIA OS TRÁMITES PARA A COLOCACIÓN DO PRIMEIRO PUNTO DE RECARGA RÁPIDA DE VEHÍCULOS ELÉCTRICOS.

Técnicos da comercializadora eléctrica EDP visitaron o municipio barreirense para valorar a ubicación do punto de recarga.

Barreiros, 9 de setembro de 2019. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, acompañaron aos técnicos da comercializadora EDP na visita que realizaron a Barreiros para valorar a ubicación proposta polo goberno municipal para a colocación dun punto de recarga para vehículos eléctricos.

O concelleiro de medio ambiente manifesta que “o feito de que Barreiros poida contar con un punto de recarga para vehículos eléctricos é unha moi boa nova a nivel medioambiental, pola incidencia cada vez maior deste tipo de vehículos para a redución de emisión de substancias ao medio; pero tamén a nivel turístico, xa que nos permitirá situar a Barreiros como punto de referencia para persoas usuarias de vehículos eléctricos, cada vez máis en uso, especialmente en cidadáns de estados como Alemaña ou o Reino Unido.”

Desde o goberno municipal destacan que “a aposta do goberno municipal é por poñer en valor enerxías alternativas, respectuosas co medio e situar a Barreiros como referente nas medidas medioambientais e de respecto ao medio ambiente.”

O Concello de Barreiros ten previsto asinar un convenio de colaboración coa sociedade EDP, logrando mediante unha cesión do espazo, a colocación do punto de recarga; unha vez que se realicen os trámites técnicos e administrativos necesarios.

EDP é unha sociedade que como xestor de carga se dedica, entre outras actividades, á prestación de servizos enerxéticos relacionados coa mellora da eficiencia enerxética, mediante a realización de investimentos e execución de proxectos necesarios para optimizar a calidade e a eficiencia enerxética, entre outros mediante o impulso e a promoción da utilización do vehículo eléctrico. Esta compañía vén desenvolvendo un plan de colocación de puntos de recarga de vehículos eléctricos por todo o norte cantábrico e mostrou o seu interese en Barreiros, pola boa comunicación do municipio en materia de infraestruturas e como porta de entrada a Galicia.

O CONCELLO DE BARREIROS INICIA A LICITACIÓN DE MANTEMENTO E MELLORA DE CAMIÑOS

Fecha de publicación:
Sábado, 7 Septiembre, 2019 – 09:09

Barreiros, 07 de setembro 2019. O Concello inicia o expediente de licitación para mantemento e mellora de camiños rurais no termo municipal de Barreiros.

Este proxecto de mantemento e mellora inclúe os seguintes camiños: carretera Rego de Molido, acceso a Pena, carretera de Abadía, de Abadía a N-634 e acceso a Alto de Gondán.

O importe total da obra é de 67.145,95 € (IVE incluído) e está cofinanciada co 79% polo Agader, dentro do Plan de mellora de camiños municipais para os anos 2019-2020.

O prazo de execución previsto é de tres meses e as obras teñen que estar rematadas antes de xuño de 2020.

ITV PARA VEHÍCULOS 🚜 AGRÍCOLAS

ITV PARA VEHÍCULOS 🚜 AGRÍCOLAS

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Vehículos Agrícolas desprazarase a este Concello os días 27 e 30 de setembro. As inspeccións realizaranse nos lugares e do xeito que a continuación se indican:

🗓 27 de setembro ➡️ Benquerencia (pista polideportiva)

🗓 30 de setembro ➡️ A Rilleira (explanada xunto á cooperativa)

A Xunta, disposta a cofinanciar o saneamento en Barreiros

A Xunta, disposta a cofinanciar o saneamento en Barreiros

Proponlle á alcaldesa, Ana Ermida, unha xuntanza coa Deputación e o Concello

PEPA LOSADA

A Xunta ofrece ao Concello de Barreiros cofinanciar as obras de saneamento de San Miguel de Reinante na mesma porcentaxe que a Deputación de Lugo, e proponlle á alcaldesa, Ana Ermida, unha xuntanza coa representación das tres Administracións con vontade real de participación técnica e financeira como solución aos problemas de depuración do municipio.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, vén así de dirixirse á alcaldesa para amosar a vontade de colaboración de Augas de Galicia.

O CONCELLO DE BARREIROS DESPIDE AOS NENOS SAHARAUIS DO PROGRAMA “VACACIÓNS EN PAZ”

2 nenos pasaron o verán en casas de familias de Barreiros

Barreiros, 04 de setembro de 2019. A alcaldesa, Ana Ermida, xunto cos concelleiros María Carmen Veiga e Antonio Veiga recibiron no salón de actos do Concello de Barreiros aos nenos saharauis que se despiden ata o ano que ven.

Estes nenos pasaron os 2 meses do verán en barreiros grazas ao programa “Vacacións en Paz” que é organizado en Galicia por Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) coa colaboración económica da Xunta de Galicia e o apoio dos concellos.

Ana Ermida agradece ás familias “a súa solidariedade e a gran labor social que fan con estes nenos, contribuíndo na medida do posible a paliar a débeda histórica que o Estado español ten co pobo saharaui”.

Galicia vén participando nesta iniciativa solidaria desde o ano 1991, ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e os seus fillos gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias acolledoras galegas.