UNHA AVARÍA NUNHA BOMBA DE IMPULSIÓN EN SAN CAETANO OCASIONOU QUE DURANTE UNHAS HORAS BAIXASE A PRESIÓN DA AUGA

UNHA AVARÍA NUNHA BOMBA DE IMPULSIÓN EN SAN CAETANO OCASIONOU QUE DURANTE UNHAS HORAS BAIXASE A PRESIÓN DA AUGA DA TRAÍDA NALGUNHAS ZONAS DO MUNICIPIO. A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ O SUBMINISTRO RECUPEROU A NORMALIDADE, SEGUNDO O ALCALDE.

Barreiros, 27 de xuño de 2015. Unha avaría nunha bomba de impulsión en San Caetano ocasionou que a pasada noite en varias zonas de Barreiros baixase a presión da auga da traída.

O alcalde, Alfonso Fuente, dixo que “a incidencia produciuse onte, durante unhas horas os depósitos fórense baleirando e por iso nalgunhas zonas do noso concello durante a noite a auga chegaba con pouca presión. Os operarios traballaron durante horas para arranxar a avaría e ás sete da mañá o servizo de abastecemento de auga xa funcionaba con normalidade”.

O rexedor pide desculpas polas molestias que tiveron que sufrir os veciños e as veciñas de Barreiros durante unhas horas.