Ollomao participará mañán na limpeza do río Masma

Actuarán no tramo situado entre O Barral e Rexa

BARREIROS / LA VOZ, 26 de septiembre de 2015.

O colectivo Ollomao, de Barreiros, participará mañán, domingo, na limpeza colectiva do río Masma, dentro dunha iniciativa xeral de limpeza de ríos que emprende a organización ecoloxista Adega.

A limpeza do Masma este domingo centrarase nun tramo entre os barrios de O Barral e Rexa. Será pola tarde entre as cinco e media e as sete e convidan a participar. Trátase, explican, de recoller lixo; non de desbrozar. E de manter limpos os ríos da nosa comunidade, para sensibilizar á poboación. Por iso animan a participar na iniciativa ambiental.