O TELECLUBE DE O MORTEIRO RESULTOU DANADO AO RECIBIR O IMPACTO DUN DEPÓSITO PARA A CAPTACIÓN DE AUGA

la foto 1

O TELECLUBE DE O MORTEIRO RESULTOU DANADO AO RECIBIR O IMPACTO DUN DEPÓSITO PARA A CAPTACIÓN DE AUGA, QUE DENTRO DUNS DÍAS ÍA SER INSTALADO. TODO APUNTA A QUE O VENTO OCASIONOU O SEU DESPRAZAMENTO, SEGUNDO EXPLICOU O ALCALDE, ALFONSO FUENTE.

Barreiros, 30 de abril de 2015. Un depósito da captación de auga para a extinguir incendios soltouse do lugar no que estaba preparado para ser instalado na zona de O Morteiro e impactou contra o antigo teleclube dese lugar.

Segundo relatou o alcalde, Alfonso Fuente, “o depósito desprazouse por mor do vento, cruzou unha finca e chocou contra o edificio do antigo teleclube. Tanto o inmoble coma o depósito quedaron danados. A vindeira semana a empresa traerá outro e procederá a instalalo, tal e como estaba previsto. Está situado nunha zona entre O Morteiro, Ibia e Val do Caínzo”.

Fuente Parga subliña que “afortunadamente non houbo que lamentar desgrazas persoais”.

O rexedor manterá esta tarde ás oito unha xuntanza cos veciños “para avaliar a posibilidade de rehabilitar ese inmoble e para explicarlles o sucedido”.

la foto 3