ASOCIACIÓNS DE BARREIROS PROPOÑEN A PP, BNG E PSOE A DATA DO VENRES 15 DE MAIO ÁS 9 DA NOITE PARA A CELEBRACIÓN DUN DEBATE PÚBLICO

ASOCIACIÓNS DE BARREIROS PROPOÑEN A PP, BNG E PSOE A DATA DO VENRES 15 DE MAIO ÁS 9 DA NOITE PARA A CELEBRACIÓN DUN DEBATE PÚBLICO

Os apoios á iniciativa non paran de medrar e neste momento son xa 23 asociacións do Concello as que apoian a celebración do debate, que será moderado por dous xornalistas do Progreso e La Voz de Galicia

Entre as asociacións promotoras atópanse as asociacións de veciños de San Cosme, San Miguel, Vilamar, San Xusto, A Rilleira, Vilamartín Pequeño e Celeiro, asociacións culturais como Ollomao, O Arco da Vella e Augas Santas, a Asociación de Comerciantes, os clubs de fútbol Iberia e Celta Barreiros, a ANPA do colexio de San Miguel, a asociación de gandeiros Barreiros Leite e outras de carácter social ou deportivo

As asociacións promotoras entregaron esta mañá unha comunicación oficial aos cabezas de lista das tres formacións políticas, que teñen de prazo até este sábado para confirmar a súa asistencia

Barreiros, 30 de abril de 2015.

As asociacións de Barreiros propoñen o venres 15 de maio ás 9 da noite como data para a celebración dun debate público entre os cabezas de lista dos tres partidos que se presentan ás eleccións do 24 de maio no Concello: PP, BNG e PSOE. Así o acordaron un total de 23 asociacións que apoian a iniciativa e que mantiveron unha reunión onte pola noite no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro de San Cosme.

Esta mesma mañá, representantes das asociacións entregaron persoalmente un convite aos tres cabezas de lista, Alfonso Fuente, polo Partido Popular; Ana Ermida, polo Bloque Nacionalista Galego; e Mari Carmen Veiga, polo Partido Socialista Obreiro Español. Os tres cabezas de lista teñen de prazo até este sábado para confirmar a súa presenza no debate.

A proposta xurdida das asociacións para a celebración dun debate público en Barreiros entre os cabezas de lista das tres formacións políticas que se presentan ás eleccións do 24 de maio non para de sumar apoios. 23 asociacións do Concello confirmaron a súa presencia neste debate, na que dirixirán preguntas ás tres persoas que aspiran a ostentar a alcaldía nos vindeiros 4 anos.

As asociacións promotoras, entre as que se atopan asociacións de veciños de distintas parroquias, como as de San Cosme, San Miguel, Vilamar, San Xusto, A Rilleira, Vilamartín Pequeno ou Celeiro, asociacións culturais como Ollomao, O Arco da Vella e Santo Estevo, a Asociación de Comerciantes, a ANPA do Colexio de San Miguel, os clubes de fútbol Celta Barreiros e Iberia, a asociación de gandeiros Barreiros Leite e outras de carácter social ou deportivo, invitan “ás demais asociacións de Barreiros, todas sen excepción, a sumarse a esta iniciativa democrática” que suporía “a celebración do primeiro debate na historia de Barreiros”.

As asociacións que aínda non confirmaron a súa asistencia no debate poden facelo até o mércores da vindeira semana contactando con algunha das asociacións participantes e deste xeito terán a oportunidade de trasladar ás tres forzas políticas os problemas ou preguntas dos seus veciños ou asociados. Todas as asociacións terán tamén até ese día, o mércores 6, para enviar o seu listado de preguntas e temas a tratar no debate, até un máximo de tres por asociación.

“Debate público e absolutamente imparcial”

O movimento asociativo de Barreiros fai a través desta iniciativa un chamamento a prol da “a participación veciñal directa na toma de decisións que afectan ao ben común” por considerar que “esa é a base da democracia real” e, por iso, queren que os cabezas de lista das distintas formacións políticas expliquen á cidadanía as súas propostas neste debate do día 15, que será aberto e ao que poderán asistir todas as persoas que o desexen.

As 23 asociacións participantes xa na iniciativa insisten en que o debate será “público, aberto e absolutamente imparcial”. “Co gallo da celebración, o vindeiro 24 de maio, de eleccións municipais e co obxectivo fundamental de que a cidadanía coñeza as propostas das distintas formacións políticas para o concello de Barreiros, consideramos imprescindible que se realice un debate público en Barreiros cos tres grupos políticos que presentan candidatura ás próximas eleccións municipais do 24 de maio nun espazo no cal se respecten as normas establecidas pola Xunta Electoral para os debates públicos, a saber: respeto é igualdade nos tempos de intervención e respecto nos turnos en función do número de votos obtivos por cada partido político nas anteriores eleccións”, explican as asociacións na carta entregada esta mañá aos cabezas de lista das tres formacións políticas.

O debate estará moderado por dous xornalistas da comarca, Pablo Villapol, de EL PROGRESO, e María Cuadrado, de LA VOZ DE GALICIA.

“Obriga democrática dos candidatos para cos veciños e veciñas”

Na carta entregada hoxe a Alfonso Fuente, Ana Ermida e Mari Carmen Veiga, as asociacións convidan aos cabezas de lista de PP, BNG e PSOE a tomar parte neste debate “como unha obriga democrática para cos seus veciños e veciñas, que teñen dereito de coñecer de primeira man as propostas de cada partido”.

Para o movimento asociativo de Barreiros, este debate, é “un complemento imprescindible aos mítines electorais que poidan organizar os distintos partidos políticos”, un acto público “no cal a cidadanía teña a posibilidade de coñecer e confrontar de primeira man as propostas dos tres grupos políticos”.

Sería a primeira vez que se celebra un debate electoral no concello de Barreiros entre as distintas formacións políticas que se presentan á alcaldía. As asociacións promotoras destacan que se trata dunha iniciativa “a prol da transparencia, a pluralidade, a cultura democrática e a participación veciñal na vida do Concello”.

ADXÚNTANSE AS CARTAS ENTREGADAS AOS TRES GRUPOS POLÍTICOS E LISTADO DAS ASOCIACIÓNS QUE PARTICIPAN NA INICIATIVA

https://dub125.mail.live.com/mail/ViewOfficePreview.aspx?messageid=mgp278iS7v5BGqoQAiZMHVng2&folderid=flinbox&attindex=1&cp=-1&attdepth=1&n=23216897

https://dub125.mail.live.com/mail/ViewOfficePreview.aspx?messageid=mgp278iS7v5BGqoQAiZMHVng2&folderid=flinbox&attindex=2&cp=-1&attdepth=2&n=55500278

https://dub125.mail.live.com/mail/ViewOfficePreview.aspx?messageid=mgp278iS7v5BGqoQAiZMHVng2&folderid=flinbox&attindex=3&cp=-1&attdepth=3&n=77731502