Los centros de información a la mujer reciben el 40% de la inversión de la Xunta en la provincia de Lugo

Mariña |
Los centros de información a la mujer reciben el 40% de la inversión de la Xunta en la provincia de Lugo

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, puxo en valor, durante a visita que realizou hoxe ao Centro de Información da Muller de Ribadeo, o importante papel que xogan as entidades locais na difusión do valor da igualdade, a prevención da violencia de xénero e o fomento de programas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral. “Son as administración máis próximas á cidadanía e, en consecuencia, a máis coñecedoras da situación específica dos seus veciños e veciñas”.

Por esa proximidade, segundo dixo, é o ámbito idóneo para o desenvolvemento de accións tendentes a “cambiar roles”. Implicitamente recoñecía así o importante labor que os CIM, “e as e os profesionais que están ao seu fronte”, están a realizar.

Neste contexto tamén salientou o respaldo económico que están a recibir da Xunta de Galicia. Lembrou, neste sentido, os preto de 52.000 euros que a Secretaría Xeral de Igualdade aporta para o funcionamento deste servizo en Ribadeo, que comparte con Barreiros, Trabada e A Pontenova; 238.699,25 euros para os catro centros existentes na Mariña, ademais do ribadense o de Viveiro, Burela e Mondoñedo. “Unha partida que supón algo máis do 40 por cento dos fondos dedicados a esta materia na provincia de Lugo e que son 76.325,18 euros máis que no exercizo anterior”, explicou.

De feito, segundo dixo, “estamos moi satisfeitos porque estase a consolidar a tendencia acadada no eido da cooperación e colaboración entre concellos para a xestión compartida de actuacións, nomeadamente dos CIMs”. Dos catro situados na Mariña, en tres optouse por presentar proxecto de xestión compartida.

No ano 2015, consolidase a tendencia acadada no eido da cooperación e colaboración entre concellos e para a xestión compartida das actuacións no ámbito da promoción da igualdade no ámbito local, co convencemento de que é o modelo a seguir para garantir unha atención eficaz e eficiente á cidadanía neste ámbito de actuación.

Este avance ten un maior reflexo no caso concreto dos servizos de atención e asesoramento que prestan os CIMs, que permite atender a mais concellos, a máis territorios e a máis potenciais usuarias no ámbito desta provincia.

Neste contexto Arias tamén salientou e felicitou á Mancomunidade de Municipios da Mariña por gañar a edición deste ano dos ‘Premios Coopera’, que otorga a Xunta e distinguen aos mellores proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, co proxecto “Puntos limpos para a xestión de residuos machistas”.
“É unha iniciativa novidosa, de proxección transversal e de coordinación de recursos baixo a premisa de que a unión fai a forza e dende o convencemento de que só dende a concienciación e sobre todo dende a educación podemos cambiar as cousas”, engadiu a delegada territorial durante o seu percorrido polas instalacións do CIM ribadense, na compaña dos alcaldes de Ribadeo, Barreiros e Trabada, Fernando Suárez, Alfonso Fuente e Mayra García, respectivamente.

Foto de COPE DE LA COSTA (RIBADEO).
Foto de COPE DE LA COSTA (RIBADEO).