La Xunta subvenciona con 24.000 euros a ocho concellos de la Mariña

La Xunta subvenciona con 24.000 euros a ocho concellos de la Mariña para colaborar con la organización de sus fiestas de interés turístico

Así o comunicou hoxe a delegada territorial, Raquel Arias, quen subliñou a necesidade de potenciar estas festas que “pola súa singularidade teñen un recoñecemento a nivel autonómico e supoñen un importante reclamo de atracción turística, ademais de constituír un incentivo para as economías locais”.

Arias apuntou, ademais, que as axudas á comarca significan o 50% do total concedido á provincia, nunha mostra máis do esforzo que fan os municipios mariñáns por potenciar e diversificar a súa oferta turística e do apoio da Xunta a este labor.

A Xunta outorgou 3.000 euros a cada concello solicitante, xa que as subvencións se convocan en concorrencia non competitiva, para colaborar cos gastos relativos á promoción e a difusión turística da festa, como publicidade, cartelaría, anuncios nos diferentes medios de comunicación ou actuacións artísticas. No caso de celebración de festas gastronómicas son subvencionables tamén os gastos de adquisición do produto obxecto da festa. Subvenciónase un evento por cada municipio.

A delegada territorial indicou que as festas subvencionadas “forman parte da nosa cultura e son un escaparate da diversidade da nosa provincia cara aos visitantes, un abano de manifestacións festivas de diversa índole, gastronómica, relixiosa, cultural ou histórica, que teñen lugar ao longo do ano nos distintos concellos lucenses”.

Así, obtiveron a axuda da Xunta, xestionada a través de Turismo de Galicia, as seguintes festas: A Romaría do Naseiro, en Viveiro; as Festas Patronais de San Lourenzo, en Foz; as San Lucas, en Mondoñedo; a Xira de Santa Cruz, en Ribadeo; a Feira do Bonito de Burela; a Festa da Faba de Lourenzá; a Festa do Ourizo en Cervo, e o Festival Internacional do Emigrante, en Barreiros.