FUENTE PARGA ASEGURA QUE AS OBRAS DA ESTRADA DE BAIXADA Á PRAIA DE REINANTE CONTINUARÁN O VINDEIRO VENRES

FUENTE PARGA ASEGURA QUE AS OBRAS DA ESTRADA DE BAIXADA Á PRAIA DE REINANTE CONTINUARÁN O VINDEIRO VENRES. PARA O DÍA ANTES, O XOVES, ESTÁN CITADOS OS PROPIETARIOS DA FINCA QUE OCASIONARON A PARALIZACIÓN DOS TRABALLOS.

Barreiros, 10 de marzo de 2015. O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que as obras da estrada de baixada á praia de Reinante seguirán o vindeiro venres. Un día antes, o xoves, están citados os propietarios das fincas que ocasionaron a paralización dos traballos. Fuente Parga estima que nun mes, máis ou menos, as obras concluirán.

O rexedor dixo que “esta obra de Reinante continuará o próximo venres xa que o xoves ás 10 da mañá están citados os propietarios da finca que motivaron a paralización desta obra e no prazo dun mes aproximadamente quedará lista para disfrute de todos os veciños de Reinante, gañando un espazo público moi importante que estaba unha situación mala. E precisamente a execución desas obras vai dar valor a todos os veciños desa zona”.

Fuente Parga sinalou que “é certo que se retrasou, porque as obras non se fan dun día para outro. É unha actuación importante e a imposibilidade de acceder a unha das fincas e ter que iniciarse un período de expropiación foi polo que houbo este retraso. Non obstante eu o que valoro é que a obra se vai facer e os retrasos nas obras prodúcense en moitas ocasións por diferentes motivos. Hai que ter en conta que este inverno houbo moitos días con auga, o que impediu que se puidera traballar. Polo tanto a obra continuará e vaise rematar; e iso é o realmente importante”.

Desde xeito o alcalde responde ás críticas vertidas nas últimas horas desde o BNG.