Archivo de la categoría: Playas

Yo también quiero ser socorrista

«Yo también quiero ser socorrista», salvamento para niños en Barreiros

15 de agosto de 2015. Actualizado a las 05:00 h. 0

Hoy, a las 19.30 horas, en la ría de Foz, Protección Civil de Barreiros ofrecerá actividades para todos los niños interesados en saber más sobre sistemas de rescate, ecosistemas y especies protegidas. Acompañados por trabajadores del 061 y técnicos de medio ambiente, los participantes verán en directo ejercicios salvamento y primeros auxilios, entre otros.

A XESTIÓN DO PARTIDO POPULAR PON EN PERIGO AS BANDEIRAS AZUIS DAS PRAIAS BARREIRENSES

A XESTIÓN DO PARTIDO POPULAR PON EN PERIGO AS BANDEIRAS AZUIS DAS PRAIAS BARREIRENSES

A falta de persoal para a ambulancia impide ter en funcionamento este servizo, anunciado o ano pasado, poñendo en entredito a seguridade nas praias.

“Se se preocupara de atender as praias de Barreiros en lugar de aparecer de palmeiro da Xunta noutros areais, o noso concello gañaría máis”, afirman desde o BNG.

IMG_5660

Barreiros, 7 de agosto de 2015. O Bloque Nacionalista Galego de Barreiros advirte de que a xestión que está a facer o goberno do Partido Popular e, nomeadamente, do alcalde e responsable da área de turismo, dos areais barreirenses e dos seus servizos pon en perigo a continuidade das bandeiras azuis nas praias barreirenses.

Neste momento, na praia de Altar xa non ondea a bandeira azul, que foi retirada provisionalmente porque desde a alcaldía se teñen autorizado actividades incompatibles coa normativa dos galardóns e tamén coa ordenanza de praias aprobada polo propio Partido Popular. Desde o BNG lamentan que “o alcalde estea adoptando decisións unilateralmente que contradín as normas que eles mesmos aprobaron e que ten que aplicar o servizo de socorrismo, que se ve desautorizado polas decisións persoais do alcalde que lles fan enfrontarse ás persoas usuarias dos areias por estar recibindo indicacións contradictorias.”

“O único que fai este goberno municipal por promocionar o concello turisticamente é tratar de vender as praias e o número de bandeiras azuis que, desde que Alfonso Fuente é alcalde se foron perdendo paulatinamente. Pero as súas decisións fan que cada ano empeore a xestión e os problemas aparecen incluso para manter as bandeiras que xa se tiñan con anterioridade, co que iso pode perxudicar ao sector turístico”, explica a portavoz municipal, Ana Ermida. “É a hipocresía e a incoherencia absoluta: promociónase un galardón como método de valoración dos areais e despois non se fai nada por mantelo, deixando a Barreiros nunha posición vergoñenta e tirando polo chan a imaxe turística do municipio que vén sufrindo ano tras ano a xestión dun goberno municipal sen planificación nin ideas ao respecto”.

Problemas nos servizos sanitarios dos areais

Tamén a praia de Coto ten problemas nos servizos, xa que a falla de persoal sanitario debidamente titulado (tal e como confirmou o alcalde no pleno pasado a preguntas do BNG) mantén pechado o posto de primeiros auxilios, o que se suma á falta de ambulancia que dea servizo a todas as praias, cuestión obrigatoria segundo a normativa bandeira azul, a falta de padiolas en todas as praias, cuestión practicamente inviable.

“É unha absoluta irresponsabilidade non contar con persoal sanitario entre o persoal de praias. Non só por manter as bandeiras azuis, senón tamén por estar xogando coa seguridade das persoas que visitan a nosa costa. Está claro que a incompetencia do Alcalde e o seu equipo queda cada día de manifesto en cuestións coma esta, asentadas tradicionalmente en Barreiros e que son incapaces de mantelas; poñendo en perigo ás persoas mentras se presume dunha xestión inexistente”, afirma Ana Ermida.

Esta situación vén a sumarse á retirada que sufriu Remior en días pasados como consecuencia dos verquidos que se produciron no regato que desemboca no areal ou á situación de abandono no servizo de limpeza que deixa unha imaxe de contenedores e papeleras desbordadas e lixo tirado nos propios areais.

“Dá vergoña ver como o Alcalde perde o tempo exercendo de palmeiro da Xunta, aparecendo en promocións de areais fóra de Barreiros mentras deixa desatendidas as, sen dúbida, mellores praias da comarca, que tiñan uns servizos envidiados por calquera outro municipio. Canto máis gañaríamos as veciñas e veciños de Barreiros se tivésemos un alcalde que exercera de tal e se preocupara dos problemas do noso concello”, conclúen desde o BNG.

Un bañista en apuros fue rescatado por varios particulares que se encontraban en la playa de San Bartolo, en Barreiros

Sucesos |
Un bañista en apuros fue rescatado por varios particulares que se encontraban en la playa de San Bartolo, en Barreiros
El hombre, que lleva 15 años veraneando en la zona y conoce el mar y las corrientes, se encontró en medio de un remolino y no era capaz de salir del agua por sí mismo.
Varias personas que estaban en el arenal, familiares y amigos, se movilizaron para intentar sacarlo del agua. Entraron con unas tablas de body-surf y pudieron rescatarlo. Es significativo que en el arenal no hubiera ni flotador ni cabo alguno para poder auxiliar a esta persona.
Pese a que el bañista mantuvo la calma en todo momento, tragó bastante agua por lo que fue trasladado en una ambulancia al Hospital da Costa, en Burela
La mujer del bañista llamó al CAE 112 Galicia para pedir ayuda, indicando que su marido estaba en el agua y se le llevaba la corriente. El Centro de Atención de Emergencias alertó al Servicio de Salvamento Marítimo y al de Guardacostas de Galicia, Protección Civil de Barreiros y la Guardia Civil. Cuando llegaron los efectivos de emergencia el bañista ya había sido rescatado.
El suceso tuvo lugar sobre las 21.30 hrs de ayer en la Playa de Acantilado-Remior, en Barreiros. Aún había luz de día y la temperatura era elevada por lo que aún quedaba gente disfrutando de la playa.

O Concurso Internacional de Castelos na Area de Barreiros celébrase este sábado 25 na praia de Arealonga

O Concurso Internacional de Castelos na Area de Barreiros celébrase este sábado 25 na praia de Arealonga

DSC05909Barreiros, 24 de xullo de 2015.- O Concurso Internacional de Castelos na area chega a unha nova edición este sábado, 25 de xullo. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, presentou a xa tradicional competición, que se celebrará a partir das 17 horas na praia de Arealonga, en Reinante. O concurso está organizado polo propio Concello e nel colaboran a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.

Todo está preparado xa no areal para a chegada dos participantes: “estivemos estes días acondicionando a praia de Arealonga, quitando pedras, porque se non case os castelos se poderían construír con pedras, máis que con area. Creo que é unha cita obrigada, é un concurso internacional onde hai moita participación, onde os nenos gozan conxuntamente cos pais ou cos amigos facendo esas figuras na area, e que cada ano mellora e se ven mellores traballos sobre a area”, dixo Fuente Parga.

O rexedor insistiu en que “é unha cita obrigada tanto para os que van construír eses castelos como para os que queren ver esas figuras na area. Empezará mañá ás 17 horas na praia de Reinante. Haberá uns detalles para os mellores e un agasallo para todos os participantes”.

Os interesados en competir cos seus castelos de area poden inscribirse entre as catro e as cinco da tarde nunha mesa que será habilitada na propia praia.

O concurso presentouse este venres. Ao acto asistiron o seu promotor da iniciativa, Manuel Méndez, o alcalde, os concelleiros de Deportes e Cultura, e o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero.