Archivo de la categoría: Barreiros

Barreiros triplica con apoyo ciudadano el presupuesto a personas necesitadas

Barreiros triplica con apoyo ciudadano el presupuesto a personas necesitadas

Atletas listos para correr una prueba organizada por Ollomao en Barreiros. AEP
 Atletas listos para correr una prueba organizada por Ollomao en Barreiros. AEP
Casi 300 personas se anotaron a un programa para correr o ir en bici y el dinero que dieron para su inscripción, 1.356 euros, se sumará a la partida municipal para atender a 30 familias

La iniciativa municipal MáisKmsBarreiros consiguió saldar las previsiones que manejaba el gobierno municipal cuando la convocó con el fin de que la gente que hace deporte habitualmente en Barreiros, pero también aquellos que quieren echar una mano a las familias más necesitadas, puedan hacerlo. Casi 300 personas, concretamente 292, se anotaron para participar y al hacerlo hicieron una aportación de 1.356 euros que, tal y como estaba recogido en el planteamiento de la iniciativa, pasan a ingresar en el presupuesto municipal concretamente en la partida de emergencia social.

Para que ese esfuerzo ciudadano vaya acompañado de un esfuerzo municipal, desde el Concello triplicaron este año esa partida consignando 9.000 euros, triplicándose también los pagos realizados en ese concepto durante este año con respecto al anterior.

La alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, mostró de forma especial su agradecimiento “a todas as persoas que solidaria, voluntaria e anonimamente contribuíron para que as máis de medio cento de persoas que agora mesmo reciben axuda por parte dos servizos sociais municipais poidan contar con maior orzamento para atender as necesidades vitais básicas”.

La regidora recordó que la idea inicial a la hora de realizar esta iniciativa ya surgió del convencimiento que tenían de que “contamos con veciñanza solidaria e disposta a aportar o seu gran de area sen agardar nada a cambio para contribuír a unha sociedade máis xusta e igualitaria” y en ese sentido remarca “o labor de xustiza social que debe desenvolverse desde as administracións públicas, aplicando criterios obxectivos na redistribución da riqueza”.

ATENCIONES. Actualmente el departamento de servicios sociales atiende a casi una treintena de familias que agrupan a más de medio centenar de personas, “téndose producido un lixeiro incremento de solicitudes no segundo semestre do ano”.

Ante esta situación, Ana Ermida quiso manifestar “o firme compromiso do goberno municipal na atención ás persoas e no acompañamento das familias que poidan precisar de asistencia social, lembrando que as administracións estamos para facilitarlle a vida á xente e garantir a cobertura das necesidades vitais básicas en condicións de igualdade e con criterios xustos e obxectivos”.

Máis Kms Barreiros suma máis de 1.300 euros para necesidades sociais municipais

Barreiros, 31 de decembro de 2020. O Concello de Barreiros vén de facer pública a recadación obtida coas inscricións das persoas que participaron no evento virtual máis Kms Barreiros. Con un total de 292 persoas anotadas, a recadación ascendeu a 1.356 euros que, tal e como se tiña anunciado, pasarán a formar parte do orzamento municipal para atender situacións de emerxencia social no concello barreirense.
A alcaldesa, Ana Ermida, amosa o seu agradecemento “a todas as persoas que solidaria, voluntaria e anonimamente contribuíron para que as máis de medio cento de persoas que agora mesmo reciben axuda por parte dos servizos sociais municipais poidan contar con maior orzamento para atender as necesidades vitais básicas.”
A mandataria municipal explica que “a idea inicial xurdiu do convencemento de que contamos con veciñanza solidaria e disposta a aportar o seu gran de area sen agardar nada a cambio para contribuír a unha sociedade máis xusta e igualitaria” e, nese sentido, remarca “a labor de xustiza social que debe desenvolverse desde as administracións públicas, aplicando criterios obxectivos na redistribución da riqueza.”
O Concello de Barreiros triplicou no orzamento do ano 2020 a partida de emerxencia social, con respecto ao orzamento do 2019, consignando 9.000 euros para este fin, triplicándose tamén os pagos realizados nese concepto durante o 2020 con respecto ao ano anterior.
Actualmente os servizos sociais municipais atenden a preto dunha trintena de familias que agrupan a máis de medio cento de persoas, téndose producido un lixeiro incremento de solicitudes no segundo semestre do ano.
Ana Ermida quixo manifestar “o firme compromiso do goberno municipal na atención ás persoas e no acompañamento das familias que poidan precisar de asistencia social, lembrando que as administracións estamos para facilitarlle a vida á xente e garantir a cobertura das necesidades vitais básicas en condicións de igualdade e con criterios xustos e obxectivos.”
Neste sentido, reiterou o agradecemento ás case trescentas persoas que non só fixeron do máis kms Barreiros un evento deportivo de éxito, senón tamén unha mostra da verdadeira solidariedade colectiva entre persoas.

ACLARACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL CON RESPECTO AOS RECIBOS DA AUGA

ℹ️💧 ACLARACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL CON RESPECTO AOS RECIBOS DA AUGAACLARACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL CON RESPECTO AOS RECIBOS DA La imagen puede contener: exterior y agua

❓Con motivo de varias consultas realizadas nas oficinas municipais derivadas dunha falsa información sobre a suba do recibo da auga, o Goberno municipal informa:

PRIMEIRO.- O prezo da auga está establecido na ordenanza reguladora aprobada en pleno no ano 1989 e modificada por última vez no ano 2011.
SEGUNDO.- Este goberno municipal non modificou ningunha ordenanza e, polo tanto, non se cambiou o prezo de ningún servizo. Tampouco a taxa da auga foi modificada.
TERCEIRO.- No recibo do bimestre pasado aplicouse un desconto de 2,5€, a consecuencia dun acordo con SOGAMA, sobre a taxa de lixo.
CUARTO.- As variacións que poida haber no recibo da auga (que inclúe a taxa do lixo) poden deberse a variacións no consumo -que de superar os 12m3 incrementa notablemente o canon marcado pola Xunta- ou, con respecto ao recibo anterior, a que se recupera o custo normal do servizo do lixo.

❌ Polo tanto, non se produciu ningunha suba no prezo da auga no Concello de Barreiros derivada de decisións do goberno municipal, polo que a información que se está dando nese sentido é rotundamente falsa.

👉🏻 Para calquera aclaración, poden dirixirse ás oficinas municipais ou á empresa Aqualia, encargada da xestión e emisión de recibos. 

Ver men

Barreiros conta con un novo camión para a recollida de lixo

Barreiros conta con un novo camión para a recollida de lixo

21-12-20

Barreiros, 21 de decembro de 2020. O Concello de Barreiros conta con un novo vehículo para a recollida de lixo que foi adquirido pola concesionaria do servizo, a empresa Servicios dos Concellos Galegos.
O xerente da empresa, xunto co persoal encargado do servizo, desprazáronse ata Barreiros para presentar ao goberno municipal o novo vehículo, que aporta maior seguridade ao persoal do servizo, así como sistemas de redución de emisións que contribúe a paliar o cambio climático.
A alcaldesa, Ana Ermida, trasladou o agradecemento á empresa “por ter en conta as necesidades do servizo de recollida de lixo e substituír o anterior vehículo que operaba con máis de 30.000 horas de traballo, o que en ocasións ocasionaba avarías que podían afectar ao servizo.”
O vehículo conta con recolector compactador de 16metros cúbicos, elevador de remonte automático, botoneiras a ambos lados, estribeira scon control de presenza, limitador a 30km/h con persoal en estribeira, cámara de visión traseira e alumeado en LED.
Desde o goberno municipal valoran moi positivamente a inclusión de novos sistemas de seguridade, como a inhibición da marcha atrás se o persoal está na estribeira ou o sistema de parada automática se detecta persoas no momento da carga do colector, que redundan en mellores condicións para o persoal dun servizo fundamental.
A alcaldesa quixo tamén recoñecer o traballo levado a cabo polo persoal da empresa concesionaria nun servizo complexo pola carga de traballo, especialmente en determinadas épocas do ano, e pola súa implicación na resolución dos incidentes que poida haber.

Juan aconsella a posta a punto da bici

Juan aconsella a posta a punto da bici! 🚲
⏱ Non queda nada para que poidamos empezar a sumar quilómetros no maiskmsbarreiros.com ‼️
🎁 E a partir de mañá tamén poderedes recoller os vosos agasallos:
🗓Luns 21, martes 22, luns 28 e martes 29.
📍Lugar: Aula CeMIT Dirección: Teleclub – Estrada da Praia no1 – 27790 Barreiros (San Cosme) Barreiros – Lugo.
⏰Horario: De luns a venres de 9:00 a 14:00.
✅ E imos aproveitar para ir deixando tamén algúns conselliños para participar no #maiskmsbarreiros
🚴🏽‍♀️ Se ides escoller a bici para participar, atendede ben👇🏻
⚙️A posta a punto da vosa bici é algo indispensable para as saídas que fagades en MaisKmsBarreiros.
🔧Podedes facelo vós mesmxs e incluso xs máis pequenxs poden aprender a través de vós.
👨🏻‍🔧 Descubride cómo, grazas ao noso veciño Juan, do taller especializado Motos Iglesias, quen vos dará as claves para rodar con seguridade e desfrutar do voso percorrido.
⚠️👳🏻Recordade!! Poñer sempre o casco cando saiades en bici é unha protección moi importante para a vosa seguridade 🏥

INFORMACIÓN COVID BARREIROS

La imagen puede contener: texto que dice "DATOS CORONAVIRUS BARREIROS Número de novos casos diagnosticados no concello: entre 9. Incidencia acumulada para o concello: >25 $50. Fuente: Sergas Datos cartográficos: CNIG. Descargar los datos Creado con Datawrapper"

ℹ️🦠 INFORMACIÓN COVID BARREIROS

⚠️ Na noite do xoves tívose coñecemento extraoficial dun caso positivo en Covid 19 que asiste á aula de 0-1 da escola infantil municipal.
📂 De inmediato activouse o protocolo sanitario e desde o Concello de Barreiros, en contacto co SERGAS, decretouse o peche de dita aula e ordenouse a corentena das nenas e nenos do mesmo, así como das súas coidadoras; por ser todas elas persoas contacto directo con positivo.
🧒🏻🎈O funcionamento da escola infantil en aulas burbulla implica que as crianzas de distintas aulas non teñen contacto entre elas, polo que as aulas de 1-2 e 2-3 poden seguir funcionando con normalidade, ao non existir contacto directo.
☎️ Segundo nos informaron desde o SERGAS, no día de onte xa se puxeron en contacto con todas as persoas contacto para realizarlles as probas oportunas e, deste xeito, determinar o alcance do contaxio e de ser preciso, adoptar novas medidas de control.
🔈A información que poida afectar a persoas ou colectivos será oportunamente comunicada.
😷📏🧴🚷 En todo caso, insistimos na necesidade de actuar con tranquilidade, mais coa responsabilidade que require unha situación de emerxencia sanitaria para a que aínda non existe solución médica. Lembrade: máscara, distancia, hixiene e redución do contacto social. 

Ver menos