ACLARACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL CON RESPECTO AOS RECIBOS DA AUGA

ℹ️💧 ACLARACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL CON RESPECTO AOS RECIBOS DA AUGAACLARACIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL CON RESPECTO AOS RECIBOS DA La imagen puede contener: exterior y agua

❓Con motivo de varias consultas realizadas nas oficinas municipais derivadas dunha falsa información sobre a suba do recibo da auga, o Goberno municipal informa:

PRIMEIRO.- O prezo da auga está establecido na ordenanza reguladora aprobada en pleno no ano 1989 e modificada por última vez no ano 2011.
SEGUNDO.- Este goberno municipal non modificou ningunha ordenanza e, polo tanto, non se cambiou o prezo de ningún servizo. Tampouco a taxa da auga foi modificada.
TERCEIRO.- No recibo do bimestre pasado aplicouse un desconto de 2,5€, a consecuencia dun acordo con SOGAMA, sobre a taxa de lixo.
CUARTO.- As variacións que poida haber no recibo da auga (que inclúe a taxa do lixo) poden deberse a variacións no consumo -que de superar os 12m3 incrementa notablemente o canon marcado pola Xunta- ou, con respecto ao recibo anterior, a que se recupera o custo normal do servizo do lixo.

❌ Polo tanto, non se produciu ningunha suba no prezo da auga no Concello de Barreiros derivada de decisións do goberno municipal, polo que a información que se está dando nese sentido é rotundamente falsa.

👉🏻 Para calquera aclaración, poden dirixirse ás oficinas municipais ou á empresa Aqualia, encargada da xestión e emisión de recibos. 

Ver men