A PLATAFORMA SANITARIA CONTINÚA COAS SÚAS ACTIVIDADES CELEBRANDO UNHA ASEMBLEA NO CONCELLO DE ALFOZ

A PLATAFORMA SANITARIA CONTINÚA COAS SÚAS ACTIVIDADES CELEBRANDO UNHA ASEMBLEA NO CONCELLO DE ALFOZ

A veciñanza mostra interés en recibir axuda para canalizar as reclamacións

Nos vindeiros días continuarán coa labor informativa pola comarca

A Mariña, 10 de novembro 2017. O pasado xoves 9 de novembro a Plataforma Sanitaria celebrou unha asemblea informativa no Concello de Alfoz, retomando deste xeito unha actividade que viña desenvolvendo nos Concellos da comarca e dando continuidade ás mesmas.

Recalcaron desde a Plataforma que as intencións do goberno da Xunta son as de eliminar a Área Sanitaria da Mariña para integrala nunha macroárea centralizada na capital da provincia, distante a cen quilómetros cunhas infraestruturas propias do século pasado. Esto reverterá nun aumento nas derivacións cara a Lugo para facer intervencións cirúrxicas que antes se facían no Hospital da Costa, sobrecargando o HULA, que se verá na “necesidade” de enviar doentes aos hospitais privados colocados estratéxicamente en torno á área de influencia do Hospital de Lugo e que dende o ano 2013 veñen multiplicando a súa actividade cirúrxica e mesmo tiveron que facer ampliación das súas instalacións . A Plataforma non é contraria a que exista actividade sanitaria privada, máis si que se opón frontalmente a que as administracións públicas desvien cartos públicos que son de tod@s para promover a privatización da sanidade e facer negocio coa saúde- manifestan.

A Lei de Garantías Sanitarias agocha novos enganos do PP

Respecto á Lei de Garantías Sanitarias aprobada recentemente critican a teima do PP pola utilización de eufemismos para agochar o engano que supón a lei, xa que cando o texto legal di que “ o incrumpimento dos prazos dados para a asistencia, entre 45 e 60 días, oferta @s doente tres opcións: optar voluntariamente por seguir na lista de agarda, solicitar atención noutro centro do Sergas ou recibir atención nun centro privado-concertado con factura a cargo da Xunta ”, é a excusa perfecta para dotar dun marco legal á privatización da sanidade – explican.

A Plataforma Sanitaria tamén deixou claro que as súas demandas pasan por esixir ao goberno da Xunta a retirada do Anteproxecto de modificación da Lei 8/2008 de saúde de Galicia e demandan un área de Xestión Integrada para A Mariña, con plena capacidade de autoxestión en Atención Primaria e Especializada e coa organización dos seus propios recursos humanos e económicos. Queremos unha Área Sanitaria como a de Ferrolterra, que non depende de A Coruña coa mesma poboación prácticamente que A Mariña e tendo ao noso favor a enorme distancia ao hospital de segundo nivel, razón máis que suficiente para que se manteña a Área da Mariña – concluen.

As veciñas e veciños asistentes mostraron interés en recibir axuda para canalizar as súas reclamacións.

Ao remate da asemblea a maioría d@s veciñ@s manifestaron o seu interese e agradecemento á Plataforma Sanitaria por prestarse a colaboran, con quen así o requira, na redacción e presentación das súas queixas e reclamacións ante o Servizo de Atención ao Doente, e mesmo deste acto saiu redactada a primeira reclamación na que a Plataforma sanitaria colaborou e que de seguro será presentada nos vindeiros días.

Para máis información chamar a Victor Vila 677343429

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *