Tomando A Mariña como referencia, sobran razóns

Tomando A Mariña como referencia, sobran razóns

ALFREDO LLANO 
BURELA 

AMariña é unha comarca conformada por dezaseis concellos (oito no litoral. Oito no interior) e que no seu conxunto amosa unha grande vocación de desenvolvemento integral en todos os eidos (social, económico, cultural, sanitario, turístico, deportivo, etc.). Conta con unha poboación estable duns 85.000 habitantes que se multiplican por diferentes coeficientes segundo sexa a época.

De acordo con esa vocación de crecemento e na procura de ofrecer o mellor de si mesma a propios e alleos levamos, dende sempre, reclamando infraestruturas e servizos en cantidade e calidade suficientes para atender as necesidades reais da Comarca. Lembremos a necesidade da autovía de Barreiros a San Cibrao, o remate da vía de alta capacidade, a mellora (urxente) da nacional 642, a recuperación dos servizos ferroviarios, autocares… e a defensa da Área Sanitaria propia da Mariña.

Resulta preocupante e moi decepciónante que non avancemos na resolución destas reclamacións, e tamén é preocupante que servizos tan necesarios como son os sanitarios, que queremos de calidade e consolidados (como era o noso hospital ata o ano 2009, que tiña autonomía sanitaria, organizativa e económica) se acomoden na modificación da Lei de saúde que paso a expoñer.

O pasado mércores día 2 de agosto, o Goberno galego publicou, sen previo coñecemento por parte do eido sanitario, o anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei 8/2008, do 10 de xullo de saúde de Galicia. Este anteproxecto inclúe unha serie de modificacións sobre a citada lei de moito calado, e con moita relevancia para o sistema sanitario galego, en termos de participación, de organización do mapa sanitario e os seus recursos, de formación, investigación e o nulo coñecemento previo por parte de asociacións de pacientes, sindicatos, partidos políticos e cidadanía en xeral das intencións de levar adiante este procedemento neste momento, evidencian a intención de esconder as propostas coa vontade de ser ocultadas e non debatidas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *