enviamos unhas declaracións do artista barreirense Celso Dourado sobre a actuación que ofrecerá Mónica de Nut

A POLIFACÉTICA ARTISTA MÓNICA DE NUT ACTÚA ESTE DOMINGO, 20 DE AGOSTO, NO EIDO DOURADO. DESTE XEITO REMATA O CICLO DE CONCERTOS SONS NO SOLPOR.

Barreiros, 18 de agosto de 2017. A polifacética artista galega Mónica de Nut actuará o vindeiro domingo, 20 de agosto, nos xardíns do Eido Dourado en Barreiros. Será o broche de ouro aos concertos do ciclo Sons no Solpor que se viñeron celebrando durante este verán. A actuación comezará sobre as dez da noite e a entrada é gratuíta.

O artista barreirense Celso Dourado comentou que “este domingo imos poñer fin ao ciclo musical Sons no Solpor que celebramos os domingos durante os meses de xullo e agosto, e ímolo facer coa que eu considero posiblemente a cantante máis vangardista que temos no panorama do canto en Galicia, con Monica de Nut”.

Celso Dourado subliñou que “Mónica de Nut é unha cantante tremendamente polifacética. Podemos dicir que canta ópera, jazz, músicas de raíz e sobre todo música experimental. Ten unha experiencia grande na interpretación teatral, na danza contemporánea, estudou piano e pedagoxía musical, e formouse no canto lírico licenciándose na Escola Superior de Canto de Madrid e tamén na música tradicional galega, e por suposto no jazz”.

Dourado dixo que “Mónica de Nut leva moitos anos no panorama da música e do espectáculo en Galicia, é unha cantante polifacética, controvertida nos seus xeitos de actuar, é unha grandísima animadora de rúa, atrévome a cualificala case como unha muller espectáculo”.

O artista e promotor do Eido Dourado lembrou que “Mónica de Nut estivo no Eido Dourado hai catro anos máis ou menos presentando un novo proxecto e realmente deixounos un pouquiño a todos coa boca aberta. É desas cantantes que che deixan unha pegada importante. Daquela propoñémonos os dous que cando tivera un proxecto novo sería unha oportunidade grande presentalo no Eido Dourado e este ano tócalle. Vai presentar o seu novo traballo Raíces aéreas”.

O promotor do Eido Dourado recorda que “unha vez máis coa caída do sol, a partir das dez, escoitaremos esta grandísima voz e daremos fin ao ciclo Sons no Solpor no Eido Dourado por este verán”.

Enviamos unhas declaracións do artista barreirense Celso Dourado sobre a actuación que ofrecerá Mónica de Nut o vindeiro domingo, 20 de agosto, nos xardíns do Eido Dourado. Será o broche de ouro aos concertos do ciclo Sons no Solpor, que se viñeron celebrando durante este verán.
(MAIS TARDE MANDAREMOS NOTA DE PRENSA E FOTO)
Esta semana remataron os laboratorios creativos que se viñeron desenvolvendo no Eido Dourado, en Barreiros. Foron impartidos pola artista mariñá e profesora de educación plástica Lucía Vila, que comentou que “tanto os participantes como as familias quedaron encantados. Houbo moi boa resposta en todas as sesións”. Os asistentes foron rapaces con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos, que nas tardes dos mércores durante unha hora se achegaron ao arte e á obra do artista barreirense Celso Dourado. Este foi o segundo ano no que se celebraron estes obradoiros creativos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *