Continúa el programa de entrenamiento en habilidades sociales

Mariña |
Los centros de enseñanza de Barreiros, Trabada, Pontenova y Ribadeo continúan con el programa de entrenamiento en habilidades sociales

A súa responsable, Mónica Fernández Lamparte, explica que “volvemos co alumnado de 5º e 6º de primaria para realizar a segunda sesión das catro que imos realizar en todos estes centros dentro do programa de adestramento en habilidades sociais. Na primeira sesión fixemos unha introdución ao tema e agora imos ocuparnos de Cómo dicir e recibir palabras agradables”.
Esta segunda sesión terá lugar o 17 de xaneiro no CEIP San Miguel de Reinante e o 27 deste mes no colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo. Mónica Fernández engade que “tamén estaremos no CEIP Gregorio Sanz, en Ribadeo, no Celso Currás, de Trabada e no CEIP Plurilingüe de A Pontenova. En total participan nesta sesión un total de 122 alumnos”.
As 4 sesións que se desenvolven este curso nos centros de ensino teñen unha duración de 50 minutos. A terceira sesión versará sobre Como queixarse e recibir queixas e a cuarta analizará o Acoso escolar. Empatía.
Neste programa de adestramento en habilidades sociais empréganse varios audiovisuais como Presión de grupo, Los pajaritos, La gallina o el huevo, El poder de la empatía e Ballying.