O PRAIAS DE BARREIROS CAMBIA DE ADESTRADOR

Andrés López deixa de ser o adestrador do Praias de Barreiros
O clube barreirense decide dar por finalizado o vínculo que unía a Andrés López como adestrador do conxunto de fútbol sala da Liga Galega Norte.
Dende o Praias de Barreiros queren agradecer públicamente o seu empeño, esforzo e profesionalidade dende a súa chegada ó proxecto barreirense a pasada tempada. E desexanlle o meior nos seus próximos desafíos.
 

Juan Antonio Fernández, novo adestrador do Praias de Barreiros

O banco do conxunto barreirense ten un novo inquilino, trátase de Juan Antonio Fernández, adestrador cunha dilatada experiencia no mundo do fútbol sala, foi técnico nas categorías inferiores do Ribadeo FS e dirixiu ó equipo Senior do Ribadeo FS na Liga Provincial, aínda que o seu maior recorrido como adestrador tivo lugar en Asturias, onde foi adestrador do Boal FS, do Franco FS e do Cabo Blanco FS.

O próximo sábado 14 de xaneiro dirixirá o seu primeiro encontro como adestrador do Praias de Barreiros ante o Chacala Arzúa (18:30 Pavillón Muncipal)