CONCELLO DE BARREIROS SOLICITARÁ UNHA NOVA ZODIAC PARA O SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PRAIAS

CONCELLO DE BARREIROS SOLICITARÁ UNHA NOVA ZODIAC PARA O SERVIZO DE SOCORRISMO NAS PRAIAS

Barreiros, 21 de maio de 2019. O Concello de Barreiros solicitará unha nova zodiac para ir renovando as existentes. Farao con cargo á liña de axudas que vai convocar en breve a Dirección Xeral de Emerxencias. O alcalde, Alfonso Fuente, amosoulle ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, parte do material de socorrismo co que conta o Concello para prestar servizos nos areais o vindeiro verán. Rueda viu as dúas zodiacs das que dispón Barreiros e tamén algún desfibrilador.

O rexedor barreirense explicou que “no día de onte na visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, aproveitamos para ensinarlle o material que estamos preparando xa de cara a tempada do verán como as zodiacs e os desfibriladores. Esperamos poder contar tamén este verán, e así llo trasladábamos ao vicepresidente, tendo en conta que de el depende Protección Civil, intentar poder dispoñer desa ambulancia que temos nas praias”.

Alfonso Fuente engadiu que “ese material é o que se ven usando na nosa costa así como o tipo de zodiacs que usamos e o tipo de motores, porque ás veces cando se saca a convocatoria de axudas da Xunta ven con algún tipo de equipamento que despois non é igual a costa nosa de Lugo que a costa de Pontevedra, por exemplo”.

O alcalde comentou que “o vicepresidente informounos que ían saír en breve e van publicar a liña de axudas de Protección Civil, desde a Dirección Xeral de Emerxencias, e intentaremos pedir outra zodiac para ir renovando todo o equipamento que temos”.

Xunto a Alfonso Rueda e Alfonso Fuente estivo o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

A SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE E O VICEPRESIDENTE DA XUNTA ASISTIRON ESTA TARDE EN SAN COSME AO ACTO DE PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE FÚTBOL SALA FEMININO PRAIAS DE BARREIROS

A SECRETARIA XERAL DE IGUALDADE E O VICEPRESIDENTE DA XUNTA ASISTIRON ESTA TARDE EN SAN COSME AO ACTO DE PRESENTACIÓN DO EQUIPO DE FÚTBOL SALA FEMININO PRAIAS DE BARREIROS, QUE XOGARÁ A VINDEIRA TEMPADA NA LIGA PROVINCIAL.

Barreiros, 20 de maio de 2019. O pavillón polideportivo de San Cosme acolleu esta tarde a presentación do equipo de fútbol sala feminino Praias de Barreiros, que xogará a vindeira tempada na liga provincial. O acto contou coa presenza

da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, do delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e do alcalde barreirense, Alfonso Fuente.

 

Despois de presentarlles ao equipo chegou a quenda de discursos.  Na súa intervención Susana López Abella dixo: “como secretaria xeral de Igualdade estou moi contenta de que me convidarades a vir xunto co vicepresidente da Xunta, de quen depende a Secretaría Xeral de Igualdade, para darvos apoio de todo tipo, moito ánimo e noraboa. Seguro que vamos ter moitas alegrías, con moitos esforzos, non vai ser un camiño de rosas, xa o sabedes vós, sobre todo o adestrador, Modesto. Pero estamos seguros de que ides dar moito que falar e poñer a Barreiros, deportivamente falando, ao máis alto nivel”.

 

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou que “encántame ver como vai para arriba o deporte feminino en xeral, e especialmente o fútbol e o fútbol sala. O outro día vimos as imaxes do estadio abarrotado, supoño que hai uns anos era impensable que un partido feminino tivera tanto seguimento. E de repente nos encontramos con que, pouco a pouco e supoño que con moitos equipos como este e como moitas mulleres que vos dedicades a facer deporte exactamente igual que os homes chegamos aquí. A partir de aí a ver o que sodes capaces de facer. Sempre digo que o deporte é un dos sitios onde máis se ve a igualdade porque gañan os que son mellores, non depende doutra cousa. Polo tanto estamos encantados de que esteades aquí e que teñades moita sorte e que vaia moi ben a próxima temporada”.

 

O rexedor, Alfonso Fuente Parga, desexoulle sorte ao equipo: “sorte e adiante. A ver se nalgún momento nos pode pasar que os éxitos, como no caso do Burela, cheguen máis da sección feminina que da masculina. Seguro que vai ser así”.

 

A presentación desta tarde rematou cunha foto de grupo. Ao acto asistiron a directiva do Praias de Barreiros, así como concelleiros e concelleiras da actual Corporación Municipal.

SOMOS Unidos por el Cáncer

Este Sábado día 18 de Mayo, se conmemoró el día Mundial de la Marcha Nórdica. Como sabéis nuestra Asociación cuenta con una Unidad especializada en esta actividad dirigida principalmente al paciente con Cáncer de mama, para la prevención del Linfedema Secundario asociado a este tipo de patología. Con esta actividad física se obtienen beneficios para innumerables patologías, demostrándolo científicamente, en la modalidad INWA.
Estuvimos en San Miguel de Reinante a pesar de un día gris y un poco frío, con un grupo de personas que quisieron realizar un taller de Iniciación a esta actividad. Gracias a todos por acudir y sobre todo por ser un grupo tan implicado y habernos hecho disfrutar con MUCHA MARCHA!!!

https://www.facebook.com/Somosupec/

Álbum de fotos:

Listas de los partidos políticos para las elecciones Municipales del 26 de Mayo de 2019

PP

1.- José Alfonso Fuente Parga
2.- José Manuel Gómez Puente
3.- Lorenzo Penabaz Bolaño
4.- Álvaro Daniel Navia Ferreira
5.- María del Mar Sante García
6.- Adrián Blanco Pérez
7.- Lorena Fernández Redondo
8.- Juan Carlos Díaz Varela
9.- José Manuel Álvarez García
10.- Sonia Piñeiro Rúas
11.- M. Teresa Maradona Bermúdez
Suplentes:
1.- Nuria López Morado
2.- José Otero Méndez
3.- Concepción Fernández Iglesias

BLOQUE

1.- Ana Belén Ermida Igrexas. Santiago de Reinante. Licenciada en dereito e traballadora da administración local.

2.- Antonio Veiga Outeiro. Celeiro. Deputado provincial.

3.- María Montserrat Porteiro Sánchez. San Cosme. Enfermeira na unidade de diálise do Hospital da Costa.

4.- Dámaso Ratoeira Basanta. San Cosme. Axente medioambiental da Xunta de Galiza.

5.- Daniel García Fernández. Celeiro. Mestre e técnico en actividades deportivas.

6.- Noela Fernández Soto. San Miguel. Mestra.

7.- Cándido Álvarez Veiga. A Rilleira. Gandeiro xubilado.

8.- Ofelia Cebrián Paz. San Cosme. Mestra.

9.- Diego Vizoso Castro. Benquerencia. Mecánico.

10.- Marta Castrillón López. San Miguel. Enfermeira.

11.- Miguel Ángel Vilar Rego. A Insua. Gandeiro.

Suplentes_

S1. Miriam López Ramos. Celeiro. Camareira.

S2. Xoán Manuel Díaz Branco. San Miguel. Sindicalista.

S3. Sarai López Rocha. San Miguel. Estudante de técnica en atención a persoas en situación de dependencia e camareira.

S4. Pedro Villar Rodríguez. San Cosme. Torneiro-Fresador. Programador da producción en fabricacion mecanica.

S5. Minerva Bermúdez Montenegro. A Espiñeira. Xubilada.

S6. Xoán Antonio Fernández Sante. Ibia. Palista.

S7. Luzía Pérez García. San Cosme. Xestora de equipos dunha cadea de moda familiar en Barcelona

S8. Carlos Baamonde Bermúdez. San Miguel. Deseñador gráfico e xornalista.

S9. Gloria Pérez Rodríguez. Vilamartín Grande. Traballadora do sector servizos.

S10. Xesús Díaz Blanco. San Miguel. Economista e asesor fiscal e contable.

Para máis información chamar a Ana Ermida ao 667 87 14 59

PSOE

A lista dos socialistas é a seguinte:

1.- María Carmen Veiga Rodríguez,

2.- Benito Longarela Geada,

3.- María de la Luz Rodríguez Rico,

4.- Felipe Fernández Recalde,

5.- Jose Antonio Otero Ramos,

6.- Jorge David Vázquez Grande,

7.- Ángeles López López,

8.- Adrián Longarela Otero,

9.- Silvia Otero Monroy,

10.- José Terrón Cantil e

11.- Juan Francisco Javier Acedo Gordo.

Suplentes:

1.- Miguel Ángel Barrera Longarela e

2.- María Ángeles Moirón Otero.

XA SE COÑECEN OS PREMIAD@S NA FASE LOCAL DOS CONCURSOS DE DEBUXO E NARRACIÓN LETRAS GALEGAS 2019, CONVOCADOS POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS

XA SE COÑECEN OS PREMIAD@S NA FASE LOCAL DOS CONCURSOS DE DEBUXO E NARRACIÓN LETRAS GALEGAS 2019, CONVOCADOS POLA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE BARREIROS.No hay descripción de la foto disponible.

Barreiros, 16 de maio de 2019. A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros deu a coñecer os nomes dos gañadores e gañadoras dos Concursos de Debuxo e Narración Letras Galegas 2019 na súa fase local.

No apartado de Debuxo os galardoados foron: Lara Gayo Piñeiroa, Carla Rañón Broz, Sara Fernández Coldeira, Daniela Yáñez Lorenzo, Felipe Martín de Burgos, Antía Murias Sampedro, Iria Vidal Vega, Sara Daniela Da Costa Simoes e Hajar Zaid Selouane.

Na modalidade de Narración resultaron premiados: Iria López Boto, Fernando Seco Sánchez, Jimena Fernández-Reinante Pérez e Zaira Veiga Castosa.

0s premiad@s nesta fase local pasarán a participar na fase provincial do certame, organizado pola Biblioteca Provincial co patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo.