O Concello de Barreiros organiza, un ano máis, unha peregrinación por etapas a Santiago

O Concello de Barreiros organiza, un ano máis, unha peregrinación por etapas a Santiago. Nesta edición os participantes fana a través do Camiño Norte. Son 55 os camiñantes que se dan cita os sábados rumbo a Compostela. A segunda etapa foi a que fixeron hai uns días entre Mondoñedo e Abadín e este vindeiro sábado, 11 de maio, realizarán a terceira entre Abadín e Vilalba. Coma todos os anos contan cun autocar para desprazarse ata o punto de partida de cada etapa e para a volta a casa. La imagen puede contener: 1 persona, exterior

O GRUPO AXOUXERES REPRESENTA EN BARREIROS O 12 DE MAIO A OBRA UN DIVORCIO NO POBO

O GRUPO AXOUXERES REPRESENTA EN BARREIROS O 12 DE MAIO A OBRA UN DIVORCIO NO POBO.

Barreiros, 7 de maio de 2019. O grupo de teatro Axouxeres actuará en Barreiros o domingo, 12 de maio.

Axouxeres porá en escena Un divorcio no pobo, trátase dunha obra cómico-costumbrista apta para todos os públicos.

A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:30 horas.

A representación está organizada polo Concello de Barreiros, a través da súa Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

 

NO CONCELLO TIVO LUGAR HOXE A SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A XESTIÓN COMPARTIDA-AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

NO CONCELLO TIVO LUGAR HOXE A SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA A XESTIÓN COMPARTIDA-AGRUPACIÓN DE CONCELLOS DO SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ.

Barreiros, 6 de maio de 2019. No Concello de Barreiros tivo lugar hoxe a sinatura do convenio de colaboración para a xestión compartida-agrupación de Concellos do servizo de atención temperá.

No acto participaron o alcalde, Alfonso Fuente Parga, a coordinadora de Atención Temperá, Mª Carmen Bermúdez Palacios, e a traballadora social do Concello barreirense, Encarnación López Morado.

Segundo recolle o documento asinado no día de hoxe: “o obxecto deste convenio é fixar as principais liñas de colaboración, así como a coordinación, dirección, xestión, financiamento, organización e funcionamento do servizo de Atención Temperá entre varios concellos. O obxectivo do servizo de Atención Temperá estará exclusivamente integrado polo conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ó seu contorno, co fin de dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social. A atención estenderase ata a data de finalización do curso escolar cando o cumprimento da idade de 6 anos sexa anterior a esta data.”

nvitación para adherirse á proposta dun Debate Público e Democrático en Barreiros, con motivos das eleccións municipais.

As asociacións de Barreiros enviamos esta información para difundir. Gracias.

INFORMACIÓN SOBRE A PROPOSTA DE REALIZACIÓN DUN DEBATE PÚBLICO E DEMOCRÁTICO SOBRE O CONCELLO CON TODAS AS FORMACIÓNS POLÍTICAS QUE SE PRESENTAN ÁS ELECCIÓNS DO 26 DE MAIO EN BARREIROS
Co gallo da celebración, o vindeiro 26 de maio, de eleccións municipais e co obxectivo fundamental de que a cidadanía coñeza as propostas das distintas formacións políticas para o concello de Barreiros, asociacións de Barreiros propoñen, ao igual que xa se propuxo hai 4 anos coas eleccións municipais do ano 2015, a realización dun debate público e democrático en Barreiros cos tres grupos políticos que presentan candidatura a ditas eleccións.
Este debate, de carácter público e absolutamente imparcial, é plantexado como un complemento imprescindible aos mítines electorais que poidan organizar os distintos partidos políticos, no cal a cidadanía teña a posibilidade de coñecer e confrontar de primeira man as propostas dos tres grupos políticos, nun espazo no cal se respecten as normas establecidas pola Xunta Electoral para os debates públicos. Son: respeto e igualdade nos tempos de intervención e respecto nos turnos en función do número de votos obtivos por cada partido político nas anteriores eleccións.
Con ese obxectivo, diríxese esta carta ao movemento asociativo de Barreiros coa finalidade de informar de dita iniciativa e convidar á asociación que reciba esta carta a adherirse á mesma, se así o desexa.
 
A adhesión a esta iniciativa por parte dunha asociación ou colectivo suporá ter a posibilidade de aportar temáticas, propostas ou preguntas a plantexar en dito debate, para que sexan respondidas polos tres grupos políticos.
Para facilitar a comunicación entre as distintas asociacións sobre esta iniciativa foi creada a conta de correo electrónico[email protected] AS ASOCIACIÓNS QUE DESEXEN PARTICIPAR APORTANDO PREGUNTAS PARA QUE SEXAN RESPONDIDAS POLOS TRES GRUPOS POLÍTICOS, DEBEN COMUNICALO POR CORREO ELECTRÓNICO ATA O DÍA 9 DE MAIO ATA AS 2 DA TARDE. 
 
O DEBATE SÓ SE CELEBRARÁ NO CASO DE QUE OS 3 GRUPOS POLÍTICOS ACEPTEN PARTICIPAR, PARA O CAL SE LLES ENTREGARÁ UNHA CARTA CONVIDADO A PARTICIPAR E NA CAL FIGURARÁN TODAS AS ASOCIACIÓNS ADHERIDAS.
Esta iniciativa ten carácter asociativo e aberto, polo que as asociacións receptoras desta carta están facultadas a remitila a aquelas outras organización ou colectivos do concello de Barreiros que puideran estar interesadas en adherirse, co único requisito de ser entidades creadas sen ánimo de lucro.

Aparece muerto en la cama de su dormitorio en Barreiros un hombre de 40 años

Aparece muerto en la cama de su dormitorio en Barreiros un hombre de 40 años

El suceso causó gran pesar en el municipio, donde era una persona conocida

XAIME RAMALLAL
BARREIROS / LA VOZ 

Pesar y consternación en el municipio de Barreiros tras conocerse este jueves la muerte de un vecino, de 40 años de edad. Según las informaciones recabadas por este diario, J.A.G.C., apareció sin vida en el dormitorio de la casa en la que, según varias fuentes, vivía con su madre, en la parroquia de Benquerencia. Ayer se desconocían las causas del fallecimiento del hombre que, según pudo saber La Voz, era una persona conocida en Benquerencia y en buena parte del municipio. Entre otras ocupaciones, en alguna época llegó a trabajar para el Concello, en el departamento de Obras, según confirmaron otras fuentes.

O ALCALDE CLAUSUROU OS CURSOS DE INFORMÁTICA IMPARTIDOS POLO CONCELLO DESDE O PASADO MES DE FEBREIRO

O ALCALDE CLAUSUROU OS CURSOS DE INFORMÁTICA IMPARTIDOS POLO CONCELLO DESDE O PASADO MES DE FEBREIRO.

Barreiros, 2 de maio de 2019. Esta semana finalizaron os cursos de informática que se estaban a levar a cabo dende o mes de febreiro na aula CeMIT de Barreiros.

Participaron un total de 28 persoas divididas en dous grupos en función dos seus coñecementos e experiencia na informática, “por unha banda a xente que comezaba dende cero, aprendendo o manexo do teclado e do rato, creación de carpetas e documentos básicos, iniciación na navegación web, correo electrónico e algunha xestión básica como pedir cita para o médico ou solicitar un permiso de queima. E o segundo grupo, que xa contaba cunha certa experiencia no manexo das novas tecnoloxías, afianzou coñecementos con carpetas e documentos, descubriu novas posibilidades que ofrece internet, o comercio electrónico, como realizar trámites coas administracións, a banca electrónica e como de navegar de xeito seguro para non levarse sorpresas desagradables”, explica Manuel Pérez, axente TIC en Barreiros.

Ao acto de clausura acudiu o alcalde, Alfonso Fuente, que valorou de xeito moi positivo “este tipo de actividades dada a boa aceptación que teñen entre a poboación, e o gran interese que demostran por non quedar atrás nun mundo cada vez mais dixital”.

A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA UN NOVO ATAQUE Á SANIDADE PÚBLICA MARIÑÁ AO SUPRIMIRSE UN TÉCNICO DE  TRANSPORTE SANITARIO NA AMBULANCIA MEDICALIZADA

A PLATAFORMA SANITARIA DENUNCIA UN NOVO ATAQUE Á SANIDADE PÚBLICA MARIÑÁ AO SUPRIMIRSE UN TÉCNICO DE  TRANSPORTE SANITARIO NA AMBULANCIA MEDICALIZADA.

 Os pregos para o novo concurso de contratación , publicados o 29 de abril , deixan a ambulancia de soporte vital avanzado (SVA) con base en Foz cun só técnico de tranporte sanitario.

A Mariña 2 de maio de 2019. A publicación o pasado 29 de abril dos pregos para o novo concurso de ambulancias de Galiza confirma novamente a agresión  e desprezo ao que o goberno da Xunta de Galicia ten sometida á comarca da Mariña, ao suprimir, sen aviso previo e de forma inesperada,un dos dous técnicos de transporte sanitario que conforman a dotación de persoal da ambulancias de soporte vital avanzado (SVA) con base en Foz. O inicio da actividade desta ambulancia data do ano 2007, creada co obxectivo de realizar o transporte sanitario urxente , tanto primario ( asistencia extrahospitalaria urxente) como secundario ( interhospitalario). Por definición este tipo de ambulancias deben contar cun cadro de persoal formado por dous técnicos sanitarios, persoal facultativo e de enfermería.

O feito de que se elimine un/ha d@s técnic@s de transporte sanitario só en Monforte e na Mariña  confirma unha vez máis as teses mantidas por este colectivo sanitario desde hai tempo e que van no senso de que “ao goberno de Nuñez Feijoo impórtalle moi pouco que comarcas periféricas e alonxadas das cidades queden en inferioridade de condicións en canto a asistenza sanitaria urxente, amosando moi pouco ou ningún interés  polo que lles ocurra aos pacientes da Mariña e Monforte, aos que deixa abandonad@s e convertid@s en cidadáns de segunda , algo que non imos consentir”- manifesta Montse Porteiro, coordinadora da plataforma .

A supresión dun d@s técnic@s nesta ambulancia  na Mariña , a maiores dun agravio comparativo con outras áreas, pode significar que unha persoa  cunha patoloxía que pon en risco a súa vida  , onde o tempo e  un factor clave para a recuperación das funcións vitais, vexa comprometida  a súa  vida polo feito de que se tomen decisións políticas que primen os intereses economicistas por enriba das necesidades das persoas . Nunha situación de urxencia extrahospitalaria  con parada cardiorrespiratoria ,é imprescindible todo o persoal e cada un/ha ten un papel moi relevante, pois mentres @ facultativ@ ten que adicarse á restablecer a vida aérea  e o persoal de enfermería ten que atender á  administración de fármacos por vía venosa e ao mantemento da mesma, @s técnic@s son os encargad@s das compresións torácicas , debendo turnarse cada dous minutos , xa que “ manter o ritmo de compresións torácicas adecuado para garantir a recuperación fai imprescindible que se alternen amb@s profesionais”- comentan desde o colectivo.No caso de que nesta mesma situación só dispoñamos dun/ha técnica obrigaría a chamar a un apoio dunha ambulancia de soporte vital básico( SVB) , que están dotadas con dóus profesionais técnicos, deixando descoberto o servizo noutro lugar.  “Nunha comarca como esta, onde as estradas son tercermundistas e tardas en percorrela dunha punta á outra máis dunha hora,o feito de ter que solicitar apoio doutra ambulancia por non ter o cadro de persoal completo, significaría deixar desatendidas  a outras persoas xa que a dotación de ambulancias de SVB é deficiente na Mariña, ou no caso de contar cun só técnico, diminuir a eficacia das maniobras de reanimación polo lóxico esgotamento do profesional. Igualmente existen outras múltiples situacións de emerxencia sanitaria que  se contraindica a presenza dun só  técnico”- conclúen @s activistas sanitarios.