MAÑÁ, 15 DE SETEMBRO, INAUGÚRASE NO CENTRO SOCIOCULTURAL UNHA EXPOSICIÓN DAS ARTISTAS LOCAIS OLIVIA C. ROZAS E MARÍA DEL CARMEN SANTAMARINA

MAÑÁ, 15 DE SETEMBRO, INAUGÚRASE NO CENTRO SOCIOCULTURAL UNHA EXPOSICIÓN DAS ARTISTAS LOCAIS OLIVIA C. ROZAS E MARÍA DEL CARMEN SANTAMARINA.

Barreiros, 14 de setembro de 2017. O Concello de Barreiros colabora co grupo Nordés (grupo de facebook) na organización da exposición conxunta de Olivia C. Rozas e María del Carmen Santamarina que se inaugura mañá, venres DÍA 15, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme.

Ambas artistas son veciñas de Barreiros. Na mostra Olivia C. Rozas presenta un mundo en branco e negro de onírico lirismo que intercala realismo e soño a través do grafito. Pola súa banda Santamarina pon a voz aos trazos de Olivia mediante breves poesías que nos falan do amor, o mar e a emigración.

Olivia C. Rozas é debuxante dende moi nova e o seu medio de expresión favorito é o grafito sobre papel. Defínese como unha artista autodidacta que explora as fronteiras do real e o onírico compoñendo a súa realidade a través de grisallas, aínda que de vez en cando aparecen notas de cor nos seus debuxos. A figura feminina é a gran protagonista da súa obra, pero tamén o medio natural no que se envolven.

María del Carmen Santamarina é unha amante da poesía tamén dende moi nova e escribiu os primeiros poemas no seu Ribadeo natal, aínda que foi en Barreiros onde reside, cando comezou a escribir asiduamente. Dedica moitas das súas creacións ao propio Barreiros, á emigración, ao mar e ao desamor.

A exposición, que se inaugura mañá ás 20:00 horas, poderá visitarse ata o 29 deste mes en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas de luns a sábado. Os domingos a mostra abrirá de 11:00 a 13:00 horas.

O XIMNASIO MUNICIPAL ACOLLE DENDE MAÑÁ SESIÓNS DE ADESTRAMENTO PERSOAL. A INSCRICIÓN ESTÁ ABERTA E A ACTIVIDADE É GRATUÍTA

O XIMNASIO MUNICIPAL ACOLLE DENDE MAÑÁ SESIÓNS DE ADESTRAMENTO PERSOAL. A INSCRICIÓN ESTÁ ABERTA E A ACTIVIDADE É GRATUÍTA.

Barreiros, 14 de setembro de 2017. Mañá, 15 de setembro, darán comezo no ximnasio municipal de Barreiros unhas sesións de adestramento persoal que terán lugar ata o 13 de outubro. A actividade, que era presentada polo alcalde, Alfonso Fuente, e o concelleiro de Deportes, Adrián Blanco, é gratuíta, e desenvolverase os mércores e venres en horario de 16:00 a 20:00 horas, en clases dunha hora de duración.

O rexedor barreirense subliñou que “se trata  dunha actividade que nos parece novidosa e interesante para os rapaces, como son unhas sesións de adestramento persoal. Non se trata simplemente duns adestramentos, senón que aquí en colaboración coa Xunta de Galicia plantexámoslle un proxecto para a mocidade, que é saber adestrar”.

Fuente Parga declarou que “se están incrementando moito as tarefas deportivas e o inicio ao deporte, pero en moitos casos faise sen seguir unhas pautas saudables. Aquí o que van a aprender das mans de técnicos deportivos, de xente experimentada, é cómo hai que facer os adestramentos, cales son hábitos saudables incluso desde a nutrición, os tempos de adestramento, etc”.

Para o alcalde “esta actividade é interesante tanto para rapaces como para persoas maiores. É un tema novidoso e creo que interesante para toda aquela xente que se dedica a facer calquera actividade deportiva pola súa conta porque aquí lle van marcar unhas pautas que debe seguir en canto a tempos de adestramento como alimentación e todo o que se relaciona co deporte”.

O rexedor anunciou que “a inscrición está aberta. As persoas interesadas poden achegarse ao ximnasio municipal en Barreiros. Vai ser dende o 15 de setembro ata o 13 de outubro, e será sempre mércores e venres desde as 16:00 ás 20:00 horas. Son sesións dunha hora de duración e faranse grupos para que sexa máis intensivo e poidan aproveitar mellor o tempo”.

DENDE O 15 Ó 29 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR UNHA EXPOSICIÓN DE DEBUXO E POESÍA NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO

DENDE O 15 Ó 29 DE SETEMBRO TERÁ LUGAR UNHA EXPOSICIÓN DE DEBUXO E POESÍA NO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO

Data de publicación:
mércores, 13 Setembro, 2017 – 19:59

O concello de Barreiros xunto co Grupo Nordés (grupo de facebook) colaboran para a organización da exposición conxunta que Olivia C. Rozas e Maria del Carmen Santamarina realizan conxuntamente no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.

Ambas son veciñas do noso concello e artistas autodidactas. Olivia C. Rozas é un mundo en blanco e negro de onírico lirismo que intercala realismo e soño a través do grafito, mentras que Santamarina pon a voz ós trazos de Olivia a mediante breves poesías que nos falan do amor, o mar e a emigración.

A apertura da exposición terá lugar o venres 15 de setembro ás 20.00, e os asistentes poderán non só desfrutar da arte destas dúas barreirenses senón tamén duns modestos apertivos de benvida.

HORARIO DE APERTURA

– De luns a sábado de 11:00 a 13:00H e de 17:00 a 20:00H.

– Domingos de 11:00 a 13:00H.

Olivia C. Rozas

Debuxante dende moi nova, o seu medio de expresión favorito e o grafito sobre papel. Definese como unha artista autodidacta que explora as fronteiras do real e o onírico compoñendo a súa realidade a través de grisallas, aínda que de vez en cando aparecen notas de cor nos seus debuxos. A figura feminina é a gran protagonista da súa obra, pero tamén o medio natural no que se envolven.

Maria del Carmen Santamarina

Amante da poesía desde moi nova, escribiu os primeiros poemas no seu Ribadeo natal, aínda que foi en Barreiros, onde reside desde o seu casamento no 1981, onde comenzou a escribir mais asiduamente, adicandolle moitas das suas creacións a este concello costeiro, a emigración, o mar, o amor é o desamor atópanse entre as principais temáticas desta poeta aficionada, quén así mesma se define como autodidacta.