VISITA GUIADA POLO XACEMENTO DA RODA

A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO COA COLABORACIÓN DO CONCELLO DE BARREIROS E DA ASOCIACIÓN BENÉFICA CULTURAL HIJOS DE SAN MIGUEL DE REINANTE ORGANIZAN MAÑÁ, 30 DE XULLO, UNHA VISITA GUIADA POLO XACEMENTO DA RODA.

Barreiros, 29 de xullo de 2015. O Concello de Barreiros e a asociación benéfica cultural Hijos de San Miguel de Reinante colaboran na visita guiada, que organiza a Dirección Xeral de Patrimonio, e que se levará a cabo mañá, 30 de xullo, a partir das 11 da mañá no xacemento da Roda. Os arqueólogos da Dirección Xeral de Patrimonio, que estes días traballan no lugar, serán os encargados de explicarlle aos interesados os segredos do xacemento. A saída farase dende o Centro Cultural de Reinante.

A Roda é un xacemento arqueolóxico único en Galicia e mesmo en España: un círculo lítico da idade de bronce, similar a xacementos existentes nas illas Británicas e Irlanda, coñecidos como Henges. Crese que tiveron unha finalidad ritual, sexa de carácter político, social ou relixioso, e que constituían un punto de reunión para os habitantes da zona a comezos do segundo milenio a.C.