UNHA PACIENTE DENUNCIA DISCRIMINACIÓN NOS GASTOS DERIVADOS DOS DESPLAZAMENTOS A CONSULTAS FORA DA ÁREA SANITARIA

UNHA PACIENTE DENUNCIA DISCRIMINACIÓN NOS GASTOS DERIVADOS DOS DESPLAZAMENTOS A CONSULTAS FORA DA ÁREA SANITARIA.

Os desplazamentos de pacientes están regulados polo decreto 42/ 1998 do 15 de Xaneiro, un decreto totalmente obsoleto, inxusto e xerador de desigualdade.

Unha paciente que debe acudir á consulta de cirurxía vascular ao HULA como mínimo 4 veces ao ano, acudiu á Plataforma Sanitaria solicitando axuda o pasado decembro de 2017 para presentar unha reclamación, que se rexistrou con número de entrada 2843.

A paciente , de forma crónica e de por vida , acude a esa consulta e precisa ir acompañada por familiares pois a maiores ten diminuídas as súas capacidades intelectuais, polo que ademáis do custe económico dos desplazamento os familiares deben pedir sempre permisos no traballo para acompañamento.

A familia é coñecedora de que o reembolso dos gastos derivados dos desplazamentos están regulados por un decreto e que só se reembolsarían os gastos se tivese que ir á devandita consulta máis de oito veces ao mes polo mesmo problema. Pero se estas consultas foran na Coruña ou en Santiago os gastos lles serían reembolsados sen ter en conta estes criterios.

Desde a Plataforma Sanitaria instamos @s responsables políticos e ao Sergas a que modifiquen estes criterios que “ entendemos son inxustos, obsoletos, discriminatorios e xeradores de máis desigualdade e solicitamos lles sexan reembolsados os gastos derivados dos desplazamentos por ser de xustiza – manifestaron responsables da Plataforma.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *