O INVESTIMENTO EN VIAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE BARREIROS PARA O 2018 REDÚCESE EN MÁIS DO 60% CON RESPECTO AO 2017

O INVESTIMENTO EN VIAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE BARREIROS PARA O 2018 REDÚCESE EN MÁIS DO 60% CON RESPECTO AO 2017

Os orzamentos aprobados polo Partido Popular recollen un investimento en vías municipais de 70.000 euros e 50.000 euros para avogados.

“Co estado que teñen as vías municipais, recortar deste xeito os investimentos é a mostra máis clara da despreocupación do goberno municipal polos problemas das veciñas e veciños”, afirman desde o BNG.

O BNG convida a Alfonso Fuente ou calquera membro do goberno a asistir ás asembleas para retrucarlles a información que están dando.

Barreiros, 24 de xaneiro de 2018. O Bloque Nacionalista Galego continuou coa axenda de reunións nas parroquias para explicar o contido dos orzamentos municipais en Barreiros. Desta vez, achegáronse á parroquia de San Xusto, no interior do Concello e “unha das zonas máis castigadas pola falla de investimentos do goberno municipal do PP”, aseguran.

Durante a asemblea, na que deron conta das previsións do goberno municipal, constataron as queixas veciñais polo estado das vías municipais e explicáronlles que “estes orzamentos que vén de aprobar o PP prevén investir no mantemento das vías municipais 70.000 euros, menos dun 60% do que prevían o ano pasado -183.400-.”

“Tendo en conta o estado no que está a rede viaria, con camiños e estradas case intransitables, que se recorte no diñeiro que se adica a ela é, ademais dunha irresponsabilidade, a mostra máis clara de que a este goberno municipal o que menos o preocupa son os problemas que teñan as veciñas e veciños”, asegura Ana Ermida.

“Se o ano pasado, con 183.400 euros orzamentados e os ingresos que chegaron doutras administracións que incrementaron esa cifra ata máis de 390.000 euros, non foron quen de adecentar a rede viaria; que é o que pensan facer este ano con unha cifra tan ridícula como 70.000 euros?”, preguntan desde a formación nacionalista. “Non sabemos se o goberno do PP é consciente de que os números dos orzamentos os están delatando: destinan 70.000 euros para camiños e case o mesmo -50.000€- para avogados. Está claro cales son as súas prioridades e preocupacións”, afirman.

“En 12 anos na alcaldía e con máis de 40 millóns en orzamentos, as obras que presenta o PP son ridículas.”

Desde o BNG tamén quixeron aclararlle a Alfonso Fuente que as súas declaracións saíndo ao paso da información aportada polo BNG sobre os orzamentos muncipais “son, ademais de ridículas, facilmente constatables”.

“Se certamente cre que a imaxe que traslada o BNG sobre a situación económica do Concello non é a real, que vaia polas parroquias explicarlle á xente os plans de futuro do goberno municipal para este concello. É máis, convidámolo a asistir ás nosas asembleas -que son abertas- e retrucarnos alí a información que estamos dando, xa que non o fixo no pleno”, expón Ana Ermida.

“O que lle pasa ao goberno do PP en Barreiros encabezado por Alfonso Fuente é que non son quen de vender nin un só investimento decente en 12 anos gobernando nos que xestionaron máis de 40 millóns de euros en orzamentos”, afirman desde o BNG.

“Unha rede de subministro de auga que continuamente está tendo problemas de roturas, fugas, enturbamento da auga, etc. e un depósito de auga non son obras das que presumir. Son dereitos das veciñas e dos veciños que, ademais, levan anos soportando subas nas taxas e impostos”, conclúe a portavoz municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *