Talleres e Actividades Lúdicas para a Terceira Idade

Na tarde de onte os alumnos e alumnas dos Talleres e Actividades Lúdicas para a Terceira Idade clausuraron a actividade xunto co alcalde, Alfonso Fuente Parga e a concelleira de Familia, Muller e Servizos Sociais, María del Mar Sante García. Os obradoiros, iniciados no mes de novembro, constaron de actividades de aprendizaxe e festivas coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a coñecer as súas causas, consecuencias e recursos dispoñibles para palialo e potenciando as relacións entre os seus iguais e @s veciñ@s do Concello.260615 Foto talleres Barreiros