PRAIAS DE BARREIROS FS – TALLERES VILABOA FS (DÍA DA AFICIÓN)

PRAIAS DE BARREIROS FS – TALLERES VILABOA FS (DÍA DA AFICIÓN)

O próximo sábado 21 de febreiro ás 18:30 horas o Praias de Barreiros FS recibe no Pavillón Municipal ó Talleres Vilaboa FS. O conxunto barreirese segue a contar os partidos por victorias, xa son doce triunfos nos 12 encontros disputados e cada vez está mais preto de acadar o obxetivo final. O partido ante o Talleres será o primeiro dos tres últimos encontros que lle restan por xogar como local ó Praias.

Por todos estes motivos, o sábado foi nomeado polo clube como o ‘Día da afición’ durante o encontro espérase realizar unha comunión equipo-afición, unha maneira de agradecer o apoio recibido dende o incio da tempada ata o momento actual. Por iso, todos os afeccionados que acudan vestidos con prendas de cor verde recibirán un agasallo por parte do clube.

Ademáis no descanso do encontro sortearase unha noite con almorzo incluido na “suite” da Tapería-Refuxio O Castro (patrocinador principal do equipo de fútbol sala). Para participar pódese cubrir un número por tan só 1€, durante a semana no Mesón Oliñas, no bar A Ribeira e o mesmo día do partido no Pavillón Municipal.