O centro sociocultural de San Cosme acolleu o pasado domingo o festival de entroido, que organizou o Concello e no que houbo cancións con música en directo, bailes, xogos, probas de habilidade e globoflexia. Tanto no festival coma no desfile que discorreu entre o Concello e o centro sociocultural participaron os cabezudos. Da animación encargouse o grupo Ni Fu – Ni Fa. [email protected] e adultos disfrutaron dunha divertida xornada.