O Praias de Barreiros C.D. comunica pola presente nota a máis que posible desaparición do clube tras 6 anos de historia.

O Praias de Barreiros C.D. comunica pola presente nota a máis que posible desaparición do clube tras 6 anos de historia.

La imagen puede contener: texto

barrabarraReacción do Concello ante a nota de prensa do Praias de Barreiros

ℹ️⚽️O Concello de Barreiros garante a continuidade de escolas deportivas e lamenta a decisión da directiva do Praias de Barreiros.

➡️ Ante o comunicado emitido pola directiva do Club Praias de Barreiros no que anuncian a posible disolución do mesmo e o fin das escolas deportivas que desenvolvía o club; o Concello de Barreiros traballa xa na organización de escolas deportivas que lles permitan ás nenas e nenos practicar deporte no noso concello.
💶 A necesidade de ir a un modelo máis económico, no que se garanta a actividade deportiva de base promovida pola administración local non foi compartida pola dirección actual do club; que na noite do xoves manifestou ao goberno municipal a súa intención de abandonar o proxecto deportivo.
A situación económica do Concello, e máis coa previsión social que vén por diante, non permite seguir destinando máis de 35.000 euros de fondos municipais a esta actividade; polo que se organizará actividade deportiva
de base adaptada ás posibilidades económicas.
⚽️🏃🏻‍♀️ Desde o goberno municipal lamentan que a decisión adoptada pola directiva afecte tamén aos equipos senior e ao atletismo, que poderían contar coa mesma axuda que contan o resto de clubs do municipio para a súa actividade.
👐🏻 En calquera caso, o actual goberno, agradece a labor prestada nestes anos e agarda que o futuro do deporte en Barreiros se constrúa desde a base e a promoción do deporte en idade escolar.