COMUNICADO INFORMATIVO DO CONCELLO DE BARREIROS SOBRE AS CONDICIÓNS ECONÓMICAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E O CLUB DEPORTIVO PRAIAS DE BARREIROS

COMUNICADO INFORMATIVO DO CONCELLO DE BARREIROS SOBRE AS CONDICIÓNS ECONÓMICAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E O CLUB DEPORTIVO PRAIAS DE BARREIROS

COMUNICADO INFORMATIVO DO CONCELLO DE BARREIROS SOBRE AS CONDICIÓNS ECONÓMICAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS E O CLUB DEPORTIVO PRAIAS DE BARREIROS. Ante as informacións que están aparecendo a respecto da responsabilidade do Concello de Barreiros na desaparición dunha entidade deportiva privada, que viña desenvolvendo actividades de escolas deportivas, o Concello de Barreiros, en aras da transparencia na xestión municipal dos recursos públicos, quere poñer en coñecemento da veciñanza a seguinte información: – O Club Praias de Barreiros é unha entidade deportiva que contaba nos orzamentos municipais do 2019 con unha subvención nominativa de 600€. – A xestión das escolas deportivas realizábase en base a un convenio de colaboración entre o Club e o Concello que establecía unha subvención nominativa para tal fin de 15.000€ anuais. – A concesión de subvencións nominativas vai vinculada á aprobación dos orzamentos, por ter que conterse nas bases de execución dos mesmos e, polo tanto, non é posible concedelas e asinar convenios con orzamentos prorrogados, situación actual no Concello de Barreiros. – A relación, polo tanto, entre Concello e Praias de Barreiros para a xestión das escolas deportivas é por medio dun convenio que nace nunha subvención e non de tipo contractual. – En xuño de 2019, cando o novo goberno tomou posesión, existía unha subvención concedida para o desenvolvemento de actividades de escolas deportivas para o ano 2019, polo que se proseguiu con ditas actividades por parte do Praias de Barreiros na tempada 2019/2020. – Dado que a tempada deportiva non coincide co ano natural e que a tempada 2019/2020 xa estaba iniciada con cargo á subvención do ano 2019, o goberno municipal decicidiu comprometer no 2020 a subvención suficiente para poder rematar dita tempada, polo tanto, a metade do ano; a espera de poder analizar as posibilidades para a prestación do servizo para a tempada 2020/2021. Dito compromiso verbal, plasmarase coa aprobación dos orzamentos municipais para o 2020, contemplando unha axuda de 7.500€ para dita entidade nese concepto. – Na tempada 2019/2020, o Club traslada ao goberno municipal a intención de renovar equipacións e solicita o abono de parte do seu custo para incluír o logotipo do Concello de Barreiros. A non aportación dunha maior cantidade económica por parte do Concello supón que as equipacións deportivas de equipos das escolas deportivas e seniors non conten co logotipo do Concello, ao non terse previsto dita condición no convenio asinado a inicios do 2019. – No ano 2019, o anterior goberno licitou un contrato para a xestión do ximnasio municipal que foi adxudicado á empresa A Billarda, SL por un importe anual (de maio de 2019 a maio de 2020) de 20.380€ máis IVE. Dita empresa, subcontratou para prestar ditos servizos á asociación Praias de Barreiros, nun documento privado entre as partes notificado ao Concello de Barreiros en data 21 de maio de 2019. – Polo tanto, a xestión do ximnasio municipal baséase nunha relación contractual entre o Concello de Barreiros e a empresa A Billarda, SL, que emite mensualmente ás facturas por importe de 2.054,98€. Ao mesmo tempo, existe unha relación entre sociedades, allea ao Concello, pola que a empresa adxudicataria A Billarda, SL subcontrata os servizos ao 2 Praias de Barreiros. – O obxecto do contrato de servizos da xestión do ximnasio municipal, segundo o recollido literalmente no prego de claúsulas que rexen a contratación é “1.- Objeto del contrato. El objeto del contrato es la prestación del servicio de g estión del gimnasio municipal conforme a las siguientes características: – Gestión del funcionamiento de las instalaciones del gimnasio municipal (cumplimiento de los horarios de apertura fijados por el ayuntamiento ; atención personal y telefónica a los usuarios ; control diario de accesos ; altas, bajas e incidencias de usuarios ; aplicación del reglamento municipal ; cobro de las tasas por utilización de las instalaciones ; informar al ayuntamiento puntualmente de todos los aspectos relevantes de la gestión;…). – Limpieza y conservación básicas de las instalaciones del gimnasio. – Horario de apertura del gimnasio conforme a la ordenanza reguladora: de 10:00 a 13:00 horas y de 18:00 a 22:00 horas. Este horario puede sufrir modificaciones de media hora de inicio y fin de cada período en la temporada de verano.” – Polo tanto, a xestión do ximnasio municipal non ten ningunha relación coa prestación das actividades de escolas deportivas. O feito de que ambas as actividades recaeran finalmente na mesma entidade non supón existencia de vínculo legal entre ambas actividades. – Os ingresos recibidos no Concello de Barreiros polas persoas usuarias do ximnasio municipal desde xuño de 2019 ata decembro dese ano foron de 195€ mensuais, incrementándose a 265€ os meses de xaneiro e febreiro do 2020. Polo tanto, o déficit xerado por ese servizo prestado segundo a fórmula contratada en maio de 2019, oscila entre os 1.789,98€ e os 1.859,98€ mensuais. – Este contrato finalizou en maio de 2020 e, ante os resultados do mesmo e atendendo á situación económica municipal, o Concello de Barreiros decide a finalización do mesmo; estudando a posibilidade de prestación deste servizo baixo outra fórmula menos lesiva para os intereses municipais. – A raíz do decreto de estado de alarma derivado da crise sanitaria provocada pola COVID-19, decretouse a suspensión da prestación dos servizos de ximnasio e a actividade deportiva que afecta ás escolas deportivas. O goberno municipal, baixo a premisa de non rescindir ningún contrato por este motivo, coa intención de contribuír a paliar os xa moi negativos efectos laborais desta situación, traslada ás distintas entidades que manteñen relación co concello que de poder acreditar a prestación dalgún tipo de servizo ou actividade de interese municipal, se manterá o contrato íntegro e afrontarán os pagos dos servizos sen diminución algunha. – No caso das escolas deportivas, de cara a poder xustificar o servizo, acórdase manter actividade “virtual” coas nenas e nenos para fomentar a actividade física durante o confinamento. E no caso do ximnasio, acórdase a realización das labores de conservación das instalacións, amparadas no obxecto do contrato recollido nos pregos. Con esta situación, o Concello de Barreiros abonou nos meses de marzo, abril e maio a totalidade das facturas emitidas pola empresa A Billarda, SL. – Finalizado no mes de maio o contrato para a xestión do servizo do ximnasio 3 municipal, trasládase ao Praias de Barreiros, prestataria por subcontratación do servizo, a decisión de non continuar co mesmo; en base aos resultados económicos do servizo. – De cara a planificar a tempada 2020/2021 das actividades de escolas deportivas, o goberno municipal trasládalle ao Praias de Barreiros a intención de manter a subvención nominativa de 15.000€ nos orzamentos do 2020. – No relativo ao club, trasládase a intención do goberno municipal de igualar a axuda nominativa coa que perciben os outros dous clubs de fútbol existentes no concello, que supón 2.000€ anuais; incrementándose polo tanto esta axuda en 1.400€ anuais para o Praias de Barreiros. – A directiva do Praias de Barreiros, ante estas condicións manifesta que non pode manter a actividade das escolas deportivas e vincula o mantemento das mesmas á continuidade dos equipos seniors de fútbol sala e atletismo. – A alternativa presentada pola directiva do club para a continuidade das escolas deportivas pasa por unha axuda mínima de 25.000€, ao que deberían sumarse outras condicións: 1.- Eliminación das actividades de ximnasia de mantemento e aeróbic para persoas adultas. 2.- Concesión do ximnasio municipal para a súa xestión directa por parte do Club. 3.- Adxudicación dun contrato de limpeza das instalacións por importe de 12.000€ anuais. 4.- Contratación por parte do Concello de Barreiros do persoal do Club nos meses de verán en caso de ser preciso. – Ante estas condicións e dado a imposibilidade, mesmo legal, de asumilas por parte do Concello de Barreiros; non foi posible acordo para o mantemento das escolas deportivas. – O Concello de Barreiros responsabilízase do mantemento das actividades das escolas deportivas como parte das funcións da administración local relativas á promoción do deporte de base e hábitos de vida saudable, especialmente, entre a poboación infantil. – En todo caso, o Concello de Barreiros non ten responsabilidade no mantemento de ningunha asociación e/ou club de calquera tipo que deben asegurar a súa viabilidade con independencia das axudas públicas que poidan percibir en cada momento.