O grupo municipal e a Executiva local do PSdeG-PSOE de Foz non comparten as declaracións do Alcalde de Foz tras o percance acontecido na verbena de San Martiño

O grupo municipal e a Executiva local do PSdeG-PSOE de Foz non comparten as declaracións do Alcalde de Foz tras o percance acontecido na verbena de San Martiño. 

– A executiva socialista e os concelleiros creen que se trata dunhas manifestacións con un marcado tinte xenófobo e sen ningún tipo de autocrítica.

– Non se pode ensalzar a magnifica organización e cando hai un problema derivar as responsabilidades.

– Á vista esta que non é suficiente congregar a mais de 15.000 persoas e unicamente esperar que non pase nada.

Tras o acontecido na verbena de San Martiño onde varias persoas resultaron feridas de madrugada nunha pelexa e as posteriores declaracións feitas aos medios polo Alcalde de Foz os representantes do PSdeG-PSOE consideran que as cousas non se fixeron tan ben como se pretende facer ver, máxime cando non é a primeira vez que ocorren incidentes dese tipo en dita festa.

A vista esta que os medios despregados non foron os suficientes e que é preciso adaptar o Plan de Seguridade á realidade, non pode ser que se autorice o evento con un Plan para 8.000 persoas e logo sexa o propio Alcalde o que dea cifras de asistencia moi superiores, mais de 15.000 persoas, o que case duplica as cifras manexadas no Plan de Seguridade.

É completamente irresponsable culpabilizar a outros concellos de algo que pasa nun evento autorizado polo propio alcalde, e moito mais, culpabilizar a toda unha comunidade de persoas inmigrantes que levan mais de 30 anos asentados na comarca da mariña e que son un referente de integración.

O PSdeG-PSOE agarda do Alcalde Javier Castiñeira, unha rectificación das declaracións, autocrítica e asumir que, si hai problemas, o responsable é quen autoriza.