O conxunto barreirense ven de confirmar a fichaxe de Mario Novo Goás

O conxunto barreirense ven de confirmar a fichaxe de Mario Novo Goás (Valadouro, 24-01-1987), un habilidoso ala zurdo que xa desmostrou a súa valía en categorías superiores.

Mario destacou no conxunto xuvenil do Burela Pescados Rubén, chegando a disputar varios encontros co primeiro equipo na División de Prata. Tralo seu paso polo conxunto naranxa, Mario fichou polo Concello de Trabada FS, co que disputou catro campañas consecutivas na Terceira División.

Despois dunha tempada no Porto Celeiro en Segunda División B, e outra no Superti A Pontenova de Terceira División, Mario decidiu voltar á casa para xogar ó fútbol defendendo as cores de O Valadouro en categoría rexional.

Agora Mario volve ós 40×20 para aportar toda a súa experiencia e calidade ó Praias de Barreiros FS no seu próximo desafío na Liga Autonómica. O directivo Alfonso Fernández foi o encargardo de darlle a benvida á que será a súa nova casa durante a próxima tempada.