O Concello de Barreiros procede a limpar a maleza que invade un carril da estrada na zona da Folgueirosa

O Concello de Barreiros procede a limpar a maleza que invade un carril da estrada na zona da Folgueirosa

11-09-17

110917 Foto traballos Folgueirosa 1Barreiros, 11 de setembro de 2017. O Concello está a limpar a maleza que invade a estrada na ponte que vai sobre a autovía A-8 na zona da Folgueirosa. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, supervisou os traballos que rematarán na xornada de mañá, martes.
O rexedor contou que “hoxe iniciamos os traballos de limpeza da ponte que vai sobre a autovía na zona da Folgueirosa. É unha estrada na que un dos carrís xa estaba practicamente cuberto de maleza. Dirixímonos en varias ocasións a Fomento e ante o retraso na limpeza desta vía, que é importante e ten bastante tráfico, decidimos iniciar eses traballos. Despois xa dirimiremos de quen é competencia este viario, que entendemos desde o equipo de goberno que non pode estar nesta situación máis tempo”.
E engadiu: “entón hoxe pola mañá iniciamos os traballos e fun ver que se levaran a cabo coa máxima celeridade e que se fixeran ben”. Está previsto que esas labores de limpeza rematen mañá.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *