O CONCELLO FAI OBRAS PARA ARRANXAR AS HUMIDADES NO PAVILLÓN DE DEPORTES DO COLEXIO DE SAN MIGUEL E NO DE SAN COSME LEVOU A CABO MELLORAS NO PECHE EXTERIOR DO CENTRO

O CONCELLO FAI OBRAS PARA ARRANXAR AS HUMIDADES NO PAVILLÓN DE DEPORTES DO COLEXIO DE SAN MIGUEL E NO DE SAN COSME LEVOU A CABO MELLORAS NO PECHE EXTERIOR DO CENTRO.

Barreiros, 12 de setembro de 2017. O Concello realiza obras de mellora nos colexios de San Cosme e San Miguel. No de San Cosme os traballos consistiron en arranxos no peche exterior do centro e pintado dalgunha das aulas. E no de San Miguel estase facendo un drenaxe para solucionar as humidades detectadas no pavillón de deportes.

O alcalde, Alfonso Fuente, contou que “estivemos facendo unha serie de melloras nos dous colexios de Barreiros. No de San Cosme arranxamos o seu valado, dado que a tela metálica estaba en mal estado e fixemos esa reparación. Tamén pintamos unha das aulas que quixeron cambiar, é onde van poñer agora a biblioteca e que estaba destinada a outra materia”.

O rexedor explicou que “tamén se vai proceder a cambiar a cancela exterior do peche do colexio xa que está en mal estado, xa están traballando neste tema. Quédanos colocar unha serie de losetas no parque, xa que cando se fixo non se colocaron todas as losetas de goma e vaise rematar ese traballo”.

Fuente Parga engadiu que “ademais no colexio de San Miguel tamén se fixeron traballos de mellora, de podas, e estase levando adiante un traballo importante que requiría unha intervención para sacar as humidades do pavillón de deportes. Sorprendeunos cando fixemos a escavación que as baixantes dos canalóns foran para o interior en lugar de saír para fora, o cal provocaba que tan pronto había un atasco se formaban charcas dentro do pavillón. Fíxose unha zanxa por fora ata chegar ás zapatas das columnas do pavillón e estase facendo un drenaxe sacando eses canalóns para fora, e mellorando toda esa zona dado que é onde se dá a ximnasia e actividades deportivas dos nenos e estaba cheo de humidades”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *