O BNG DE BARREIROS PIDE AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXPOSICIÓN DA MEMORIA AMBIENTAL DO PXOM E UNHA OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN

O BNG DE BARREIROS PIDE AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXPOSICIÓN DA MEMORIA AMBIENTAL DO PXOM E UNHA OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN

“O prazo para presentar alegacións á memoria ambiental remata o vindeiro 31 de outubro e existe un total descoñecemento da poboación”, afirman.

Barreiros, 27 de outubro de 2016. O BNG vén de presentar un escrito no concello solicitando unha petición para ampliar o prazo de exposición pública da memoria ambiental do PXOM que a Consellería de Medio Ambiente tén exposta ao público.

A formación nacionalista xustifica a súa petición en que se “trata da primeira documentación pública que se coñece do plan xeral de urbanismo e, aínda que é un trámite medioambiental, ofrece moitísima información que debe analizarse sosegadamente”, explica a portavoz municipal, Ana Ermida.

“Puidemos comprobar que as veciñas e veciños non están ao tanto deste trámite nin da documentación exposta, xa que desde o concello non se fixo ningún tipo de esforzo por publicitar esta información que, por inicial, non deixa de ser importante; xa que recolle moita datos sobre distintos aspectos a ter en conta”, afirman.

Por ista razón, desde o BNG barreirense pídenlle ademais ao Concello barreirense que habilite unha oficina específica, con persoal cualificado, para explicar a documentación e aclarar todas as dúbidas que poida presentar a poboación.

“É un documento fundamental para o concello que vai marcar o desenvolvemento de Barreiros e o seu futuro e toda a tramitación debe facerse con unha transparencia e información absolutas. Non pode quedar ninguén sen coñecer a situación na que poden quedar terreos, viales, zonas verdes ou dotacións municipais”, afirman. “Despois de moitos anos estase volvendo a iniciar a tramitación do PXOM e o proceso ten que ser exemplificante e a información debe fluír sen ningún tipo de oscurantismo. Por iso os prazos teñen que ser amplos e as explicacións por parte do Concello constantes. Non se entendería agora présas e ocultacións neste tema”, conclúe Ana Ermida.