I Carreira Popular Ao Son Do Masma

O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros é unha asociación que nace no ano 2006 coa finalidade de dinamizar a vida cultural e social do municipio barreirense. Dez anos despois da súa creación e cunha traxectoria de actividades que valan a consecución dos obxectivos plantexados inicialmente, Ollomao actualiza as súas fins fundacionais ampliando os seus intereses e campos de actuación. É entendendo que os medios a empregar para poñer en valor e dinamizar un territorio poden ser múltiples e de diversa tipoloxía que se deseña a actividade que aquí se presenta, na cal destaca a práctica deportiva como ferramenta fundamental. Nesta década de traballo de Ollomao cómpre destacar as actividades, tanto lúdicas como formativas e informativas, e de sensibilización, que teñen como protagonista o río Masma ao seu paso por Celeiro de Mariñaos. Este, principal fluvial de Barreiros e concellos colindantes como son Foz, Lourenzá e Mondoñedo, foi nos seus mellores momentos un importante recurso natural, económico e industrial, véndose na actualidade nun estado de abandono que impide o seu
óptimo aproveitamento e desfrute.carreirapopularaosondomasma

Coa finalidade de dar a coñecer a importancia deste río e reivindicar a súa limpeza e recuperación, así como de mostrar as múltiples oportunidades que podería ofrecer de verse nun estado mellorado, o Colectivo Cultural Ollomao planificou para o ano 2016-2017 unha serie de actividades encaixadas todas elas baixo a marca “Ao Son do Masma”, nome que recibe o festival de música galega e encontro veciñal que dende o ano 2012 este colectivo ven realizando á beira do río. Atendendo a esa variedade de oportunidades que podería ofrecer o Masma e sendo a práctica de actividades deportivas unha delas, deseñouse a realización dunha carreira popular a carón do río.

Dende o Colectivo Cultural Ollomao acreditase nos valores de respeto á diversidade social, polo que nesta proba, na cal non se competirá por equipos senón de maneira individual, fomentarase a visibilización da muller no deporte así como de persoas con diferentes capacidades funcionais. Igualmente nesta proba prevese a existencia de modalidades infantís e adultas dada a importancia de transmitir ás nenas e nenos o significado do respeto e conservació n dos valores naturais e patrimoniais da nosa cultura.