REMATOU EN BARREIROS UN CURSO SOBRE O MANEXO DOS TELÉFONOS MÓBILES

REMATOU EN BARREIROS UN CURSO SOBRE O MANEXO DOS TELÉFONOS MÓBILES NO QUE PARTICIPARON ARREDOR DE 20 PERSOAS.

181116-foto-curso-manexo-mobiles

Barreiros, 18 de novembro de 2016. Unhas vinte persoas asistiron na Aula CeMIT de Barreiros ao curso sobre o Manexo dos teléfonos móbiles.

Segundo explica Manuel Pérez “os alumnos e alumnas do curso aprenderon o uso máis básico desde como facer e contestar chamadas, gardar números na axenda, sacar fotos … ata instalar distintas aplicacións para dotar aos teléfonos de máis funcionalidades como por exemplo, convertelo nunha lanterna, mirar o tempo, ver ofertas e promocións de supermercados, códigos QR e o manexo do Whatsapp”.

Desde a Aula CeMIT barreirense lembran que “tamén que o vindeiro luns, día 21 de novembro, comeza un curso de Informática básica na Aula CeMIT en horario de 16:30 a 18:00 horas”.