JACOBO SALAS E A TERCEIRA INCORPORACION DO PRAIAS DE BARREIROS

image (3)Ó Praias de Barreiros segue a confeccionar a súa plantilla, despois de Aitor e David, chega o turno do ribadense Jacobo. Xogador experimentado, creceu no futbol sala asturiano, comezando polo Boal F.S donde estivo tres tempadas, pasou un ano no Ribadeo F.S, e levaba catro tempadas no Franco F.S. Ó ala-cierre ribadense destaca pola súa faceta defensiva, a súa intensidade e esforzo polo equipo é innegociable. Manuel Fuente foi o encargado de darlle a benvida a casa Barreirense.