HOXE FORON PRESENTADAS NO CONCELLO BARREIRENSE AS CARREIRAS MONTE COMADO, QUE SE CELEBRARÁN OS DÍAS 14 E 15 DE OUTUBRO

HOXE FORON PRESENTADAS NO CONCELLO BARREIRENSE AS CARREIRAS MONTE COMADO, QUE SE CELEBRARÁN OS DÍAS 14 E 15 DE OUTUBRO. 

Barreiros, 28 de setembro de 2017. O Concello acolleu hoxe a presentación das carreiras Monte Comado, que terán lugar os días 14 e 15 de outubro. Están organizadas por Casa Elena, Peña Barcelonista San Miguel, Taxi Antonio Valea, Decoración e Pintura Centeno, Actiboot, Café Bar Moderno e Meta. E contan coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil e a Deputación Provincial de Lugo.

Este ano presentouse a clásica de ½ km vertical, como novidade o Trail 13km, o Trail de 26km e o trail infantil.

O día 14 de outubro terán lugar as carreiras ½ km vertical e Trail Infantil, a 1/2km vertical con saída ás 16:30 dende a praia de Arealonga e o trail infantil ás 17:30 no cumio de Monte Comado, se o tempo o permite. Xa o día 15 terán lugar os dous trails, 13km e 26km con saída ás 9:30 dende a praza de Reinante.

Dende a organización animan “a participar a todo o mundo xa que os lugares e vistas polos que transcorren as carreiras non os deixarán indiferentes”. E lembran que “as inscricións atópanse abertas e terán un cambio de tarifa a partires do día 1 de outubro. Tamén salientar que todos os inscritos nalgún dos trail poderán participar na carreira 1/2km vertical de maneira gratuíta”.

Toda a información e inscricións atópase na páxina http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.