HOXE FORON ASINADOS NO CONCELLO OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COS DOUS CLUBS DE FÚTBOL DO MUNICIPIO, O CELTA BARREIROS E O IBEIRA

HOXE FORON ASINADOS NO CONCELLO OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COS DOUS CLUBS DE FÚTBOL DO MUNICIPIO, O CELTA BARREIROS E O IBEIRA.

Barreiros, 15 de novembro de 2017. O alcalde, Alfonso Fuente, asinou os convenios de colaboración do Concello cos dous clubs de fútbol do municipio, o Celta Barreiros e o Iberia.

O rexedor explicou que “hoxe firmamos os dous convenios de colaboración cos dous equipos de fútbol cos que contamos no concello de Barreiros e aos que vimos apoiando desde hai anos con 2.000 euros a cada un, a parte de outras axudas que ás veces se fan ao longo da tempada cando necesitan algunha infraestrutura, etc”.

Fuente Parga subliñou que “este é un convenio económico para que sigan fomentando o deporte no noso concello”.

No acto desenvolvido esta mañá participaron os presidentes do Ibeira e do Celta Barreiros, Noela Fernández Soto e Manuel García Cela.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *