Hai uns días tivo lugar unha quedada de atletismo na parroquia barreirense de San Xusto

Hai uns días tivo lugar unha quedada de atletismo na parroquia barreirense de San Xusto, na que se deron cita unha vintena de atletas. Foi organizada polo Concello de Barreiros en colaboración coa asociación de veciños San Xusto Pastor e discorreu pola ruta de sendeirismo Fonte Fermosiña, partindo desde a pista de San Xusto e pasando por Val do Caínzo, subida ás Fachas ata chegar a Pena Corveira, onde hai un fantástico mirador. Despois de cubrir os 8 quilómetros de ida e volta os participantes nesta quedada foron agasallados cun pincheo para repoñer forzas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *